Abril de 2017
 
 

NÚMERO 354 - 24/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  SÁHARA LIBRE
 

As forzas de ocupación marroquís fenden as cabezas dos manifestantes saharauís

Segundo informou este mércores o dixital "O Confidencial Saharauí", as forzas de ocupación marroquís reprimiron con insólita dureza unha manifestación saharauí que tivo lugar no Aiún, a principios desta semana.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sen que existise  aviso previo, os axentes da policía secreta e das forzas auxiliares  procederon  de maneira inmisericorde a romper cabezas entre os mozos saharauís que se manifestaban nas rúas do Aiún. Segundo informan as mesmas fontes, posteriormente os detidos foron sometidos a torturas  e abusos por parte dos sicarios dos ocupantes marroquís.  
 
De acordo coa información proporcionada polo Confidencial Saharauí "esta nova explosión de protestas populares pacíficas e a consecuente  represión brutal  das forzas policiais e militares marroquís comezou esta tarde no Aiún ocupado con senllas manifestacións e berros a favor da autodeterminación, a independencia, contra a ocupación exhibindo numerosas bandeiras da República Saharauí, RASD" .
 
A  represión que as forzas ocupantes marroquís descargaron sobre  os mozos e mozas saharauís “foi desproporcionada, violenta, brutal - asegura o dixital citado- e non discriminou a homes de mulleres, anciáns, nenos ou enfermos”, segundo a mesma fonte.
 
Durante a intervención policial marroquí producíronse máis de 40 feridos e detidos. Posteriormente, numerosas vivendas de saharauís foron “asediadas e tomadas nos barrios orientais do Aiún,  agrega o dixital mencionado

MULLERES GRAVEMENTE FERIDAS
 
Así mesmo, varias mulleres saharauís  resultaron feridas de gravidade  tras unha brutal intervencion marroquí na  manifestación citada.
 
Os activistas saharauís que difundiron que os congregados reclamaban a liberación dos 24 presos políticos que desde hai 5 anos se atopan nos cárceres marroquís. O seu estado de saúde volveuse "crítico".
 
"Enarboráronse bandeiras da RASD e retratos dos presos durante esa concentración, que enseguida foi dispersada polas forzas policiais, da xendarmería e do DGST", concretou unha das fontes en declaracións a este medio.
 
A cidade ocupada do Aaiun está "totalmente tomada polas forzas marroquís apostadas en gran número en cada rúa" e que impiden circular xuntas a máis de 4 persoas.
 
O último informe do Secretario Xeral da ONU, abordou "as violacións permanentes dos Dereitos Humanos e políticos que exerce Marrocos, contra a poboación civil saharauí nas zonas ocupadas do Sáhara Occidental".
 
Canarias Semanal

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript