Abril de 2017
 
 

NÚMERO 354 - 24/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  RECOLLIDA DE SINATURAS
 

Manifesto pola Ciencia 2017

A COSCE impulsa un Manifesto para reclamar unha política científica coherente e duradeira e o recoñecemento do valor que a ciencia posúe para alcanzar os obxectivos de progreso social, político e económico que a nosa sociedade merece

 

  • Noticias relacionadas

 

O Manifesto apóiase e enmarca na xornada que terá lugar o próximo 22 de abril a escala internacional, con accións programadas en diferentes cidades do mundo, para reclamar a atención da sociedade e da clase política sobre a importancia da ciencia no mundo actual e algúns dos perigos que a axexan.
 
Neste contexto, o Manifesto pola Ciencia da Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE), afirma que “está a emerxer nos países desenvolvidos unha corrente política global que minusvalora, cando non ignora, o papel da ciencia nas nosas vidas co resultado dunha inexorable deterioración na saúde e o medio ambiente, e un crecente menosprezo polo coñecemento que se ve substituído por interpretacións da realidade alternativas ás que proporciona a ciencia”.
 
Ler e asinar o Manifesto

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript