Despois de que o pasado día 17 o DOG publicase a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017 pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos. A Xerencia convoca á Xunta de Persoal este luns, día 24 a unha para debater sobre a Oferta de Emprego Público do ano 2017 que, como ocorreu coa de 2016 contemplará, esta vez agardamos que sen sorpresas, tanto as promocións como as prazas de acceso libre.
O Alcalde ridiculiza ás traballadoras dos Centros Socioculturais de Santiago de Compostela despois de terlle gañado un preito ao Concello que o condenou por un dos máis graves incumprimentos laborais: a cesión ilegal de traballadoras/es.
Unha carga de profundidade contra as remunicipalizacións de servizos nos concellos con data para estourar: a de entrada en vigor dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017, que o Goberno de España tramita no Congreso dende o pasado 4 de abril.
A COSCE impulsa un Manifesto para reclamar unha política científica coherente e duradeira e o recoñecemento do valor que a ciencia posúe para alcanzar os obxectivos de progreso social, político e económico que a nosa sociedade merece.
Na precampaña do PP en Aranxuez de 2011 veciños denunciaron que a privatización traería a mala calidade e corrupción da Canle e acertaron nos prognósticos.
Dicía Juan José Millás nunha das súas participacións no programa das mañás da Cadena SER que lle poñía o semáforo en vermello, á condena de espertarnos cada día coa noticia de que quen nos recortou a sanidade, e a educación, e a xustiza, e as axudas á dependencia e os dereitos laborais, fixéronse ricos coa suma de todos eses anacos de vida que nos arrincaron, e seguen arrincándonos, a vostede e a min desde as estruturas do Estado.
O novo fiscal Anticorrupción tentou deter parte da operación contra Ignacio González; é o mesmo fiscal que González quería nese posto porque consideraba que era próximo ao PP.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript