Abril de 2017
 
 

NÚMERO 354 - 24/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

O FMI pide máis medidas neoliberais a España

A directora xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI), Christine Lagarde, volve pedir a España “máis reformas” ou unha nova reforma laboral que endureza aínda máis as condicións para a clase traballadora.

 

  • Noticias relacionadas

 

Lagarde aproveita as páxinas do diario ‘El País’ para encomiar, unha vez máis, a política neoliberal do Goberno de Mariano Rajoy e pedir novos recortes e reformas sobre todo no ámbito laboral.
 
A directora do FMI, que esta semana celebra a súa reunión de primavera, chama a atención a dualidade do mercado laboral español, con traballadores “temporais moi expostos e contratos fixos máis protexidos”, unha situación que debe abordarse mediante reformas —recortes para outros—, porque “non conduce a resolver a situación do desemprego en España”.
 
Con todo, Lagarde encomiou “a capacidade de resistencia dun país que puxo en marcha reformas serias e sólidas” que permitiron á súa economía “dobrar a esquina da crise”, cun crecemento que supera o de calquera outro país europeo, salvo Reino Unido, e o da eurozona.
 
Dixo que “España fixo grandes progresos” e destacou que “o desemprego, por moi alto que fóra, baixou” e que espera que o siga facendo, aínda que engadiu que “aínda non podemos dicir misión cumprida”.
 
Público | EFE

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript