Abril de 2017
 
 

NÚMERO 354 - 24/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Convocatoria de curso superior A nova lexislación administrativa básica

O DOG do martes publica a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2017 pola que se convoca o curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica. O curso diríxese ao persoal empregado público das administracións públicas galegas, pertencente aos seguintes grupos: Persoal funcionario: subgrupos A1 e A2. Persoal laboral: grupos I e II.

 

  • Noticias relacionadas

 

Contido.
O curso estrutúrase en 15 sesións, nas cales se tratarán, entre outros, os seguintes temas:
– As relacións administrativas ad intra. Principios xerais de actuación do sector público e dos órganos das administracións públicas. Relacións interadministrativas.
– As relacións administrativas ad extra. Os dereitos das persoas nas súas relacións coa Administración pública.
– Cuestións xerais do procedemento administrativo común I: os prazos. Cómputo. Efectos da extemporaneidade nas actuacións administrativas, en especial, caducidade, silencio administrativo e prescrición.
– Cuestións xerais do procedemento administrativo común II: a eficacia dos actos administrativos. Especial referencia ao procedemento notificador e ás notificacións electrónicas.
– A tramitación electrónica do procedemento administrativo. Identidade dixital. Presentación documental electrónica. Expediente, documento e arquivo electrónicos. Interoperatividade.
– O procedemento administrativo común I: os interesados. Iniciación de oficio e por instancia de parte. As medidas preventivas.
– O procedemento administrativo común II: ordenación, instrución e finalización do procedemento. Especial referencia á resolución do procedemento administrativo.
– Os principios da potestade sancionadora. As especialidades do procedemento sancionador.
– Os principios da responsabilidade patrimonial das administracións públicas. As especialidades do procedemento de responsabilidade patrimonial.
– O sistema de recursos administrativos.
– Nulidade e anulabilidade. A revisión dos actos en vía administrativa.
– A iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria.
– Os convenios na Lei 40/2015.
 
5.3. Prazo de inscrición e documentación requirida.
 
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da convocatoria do curso no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 24 de abril de 2017, ou ben ata que se cubra a totalidade das prazas dispoñibles. As persoas interesadas deberán inscribirse accedendo á epígrafe de área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula/login.php) que figura na web da EGAP.
 
Todas as persoas solicitantes, agás o persoal empregado público ao servizo da Administración autonómica ou da Administración de xustiza, deberán enviar, antes de que finalice o prazo de inscrición, un correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal, achegando certificación acreditativa do grupo de destinatarios a que pertencen ou, de ser o caso, copia debidamente cotexada do título de doutor/a, licenciado/a, diplomado/a, grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.
 
Serán excluídas aquelas solicitudes que non acheguen a dita certificación ou que sexan recibidas con posterioridade ao último día habilitado para a inscrición, 24 de abril de 2017.
 
6. Criterios de admisión.
 
A orde de admisión virá determinada pola data de presentación das solicitudes.
 
Convocatoria

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript