Abril de 2017
 
 

NÚMERO 352 - 10/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisións de servizos. Execución da sentenza

Transcorrido o prazo para a presentación de recurso de apelación, a sentenza de nulidade das prórrogas das comisións de servizos ten que levarse a efecto. A Universidade está obrigada a restituír a legalidade anulando as prórrogas realizadas nos anos 2016 e 2017. Polo seu proceder, evidénciase que a Xerencia deixa, de novo, que o tempo transcorra sen mover ficha.

 

  • Noticias relacionadas

 

A táctica de deixar pasar o tempo sen facer nada non lles serviu ao reitor e  xerente máis que para retrasar un ano o que era evidente que ocorrería. No medio o pago de 700€ que como non é o seu diñeiro, ao sr. reitor non lle importa que se paguen. Tampouco lle importou ter enredada á Asesoría Xurídica cun tema de imposible defensa só para retrasar o inevitable. O reitor usa e abusa do diñeiro e dos servizos institucionais coa única finalidade de satisfacer, ao noso entender, intereses persoais.
 
A sentenza obriga á anulación da comisión de servizos dalgún dos postos que con tanta ansia “protexe” o sr. reitor. Acabóuselle o tempo, execute a sentenza xa!
 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript