Abril de 2017
 
 

NÚMERO 353 - 17/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  “PONTE A PORTU-GAL”
 

Galiza e Portugal, da man en Ponteareas

Do 20 ao 23 de abril Ponteareas acollerá o Ponte a Portu-Gal, unha iniciativa coa que o Concello amosará as expresións culturais común que unen Galiza e Portugal e que converten a zona nun punto de desenvolvemento sociocultural compartido.

 

  • Noticias relacionadas

 

Galiza e Portugal danse a man nun proxecto impulsado polo Concello de Ponteareas que terá lugar do 20 ao 23 de abril e que converterán a vila no epicentro do desenvolvemento sociocultural compartido entre os dous países.
 
“Galiza e o norte de Portugal comparten historia, tradicións e costumes semellantes e forman unha área con enormes posibilidades de desenvolvemento socioeconómico conxunto que debemos aproveitar e potenciar”, sinala o alcalde, o nacionalista Xosé Represas, nun comunicado de imprensa.
 
Programación
As actividades comezarán a quinta feira 20 de abril na Sala Multiusos do Auditorio Municipal coa inauguración, ás 20:30 h, da exposición fotográfica Aos Olhos de Eduardo do fotógrafo Eduardo Teixeira Pinto.
 
A sexta feira 21 de abril ás 21 horas e tamén na Sala Multiusos do Auditorio, terá lugar a proxección do documentario Galegos en Lisboa de Xan Leira.
 
O sábado 22 de abril, ás 20 horas, a Sala do Auditorio acollerá a proxección do documentario da realizadora Diana Gonçalves, Mulheres da raia para, deseguido, desenvolverse unha charla coloquio sobre a fita. E ás 22 horas terá lugar un concerto no que participarán Galandum Galundaina, de Portugal, e Caxade, de Galiza.
 
O domingo 23 de abril, data en que se fecha este Ponte a Portu-Gal, as actividades comezarán ás 18:30 horas. Con saída desde a casa do concello, os grupos Longos Vales de Portugal e Agarimos da Terra de Galiza, protagonizarán unha ruada até o Auditorio Reveriano Soutullo onde, a partir das 19 horas, ofrecerán un concerto. O recital estará presentado polos regueifeiros Augusto Canário e Luís Caruncho.
 
Sermos Galiza
 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript