NÚMERO 353 - 17/04/2017
CUTUDC / Novidades
A Plataforma Andaluza contra as bases realizou unha protesta contra o uso da base militar de Rota, en Cádiz (sur de España), nos bombardeos do pasado venres desde dous destrutores de Estados Unidos contra Siria.
A concentración, que se
levou a cabo este martes na praza do Triunfo de
Rota, preto da porta do recinto militar, foi
convocada despois de que o pasado venres, desde os
destrutores USS Ross e USS Porter Estados Unidos
lanzasen varios mísiles contra Siria, barcos que
forman parte do escudo antimísiles da OTAN con sede
na base roteña.
A parlamentaria de Esquerda Unida, Inmaculada
Nieto, anunciou “unha batería de iniciativas
institucionais no Congreso e o Parlamento andaluz
para aclarar se os gobernos de España e Andalucía
tiveron coñecemento desta situación”.
“Rexeitamos este bombardeo, feito contra o mandato
de Nacións Unidas, desde o intervencionismo, que
lonxe de garantir a pacificación fai aumentar a
espiral de violencia e a morte de civís”, lamentou
a deputada.
“Está a usarse o noso chan, usurpando a nosa
soberanía contra un país á marxe do dereito
internacional”, lamentou Sergio Mesa, membro da
Plataforma Andaluza contra as bases.
A plataforma tamén cre que o último bombardeo
converte á baía de Cádiz “en obxectivo militar
dentro da escalada de violencia á que se está
chegado, ademais do perigo de que barcos con esas
armas estean tan preto das nosas casas”.
LibreRed | EFE
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript