Abril de 2017
 
 

NÚMERO 352 - 10/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO
 

Acordo para a mellora do emprego público. A letra pequena

Imos coñecendo máis datos sobre o acordo asinado entre os sindicatos maioritarios e o Ministerio de Facenda para a estabilización de emprego público. O primeiro que hai que sinalar é que as universidades non entramos neses plans iniciais de estabilización. Os sindicatos asinantes emiten estes días comunicados nos que intentan botar balóns fóra salientando a posibilidade de que se contemplen as prazas de PDI e PAS cando se constitúa un Grupo de Traballo para analizar en profundidade, a evolución do emprego público no sector universitario. Recoñecen, implicitamente, o raquítico papel que xogaron en todo este procedemento que obedece, máis que a súa capacidade negociadora, ás mobilizacións sociais (mareas en defensa da sanidade, educación...) e ás últimas sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea respecto do persoal interino.

 

  • Noticias relacionadas

 

Paralelamente coñecemos os condicionantes que os sindicatos aceptaron no proceso de negociación, entre eles:
 
No proceso de estabilización non entran:

  • ·         Prazas vacantes sen ocupar

  • ·         As prazas vacantes ocupadas temporalmente desde hai menos de tres anos

  • ·         De momento os servizos afectados limítanse á asistencia directa aos usuarios de servizos sociais - xestión tributaria e recadación e en inspección.

 
Documentación:
 
Acordo para a mellora do emprego público
 
Anexos do Acordo
 
Queremos subliñar a nosa estrañeza ao observar que nos cadros relativos ás universidades galegas, no cómputo de persoal interino PAS e PDI sinálanse 253 prazas cando só na UDC hai arredor de 73 prazas de PAS que compren os criterios anteriormente sinalados.
 
Un acordo inaceptable
 
Pola súa parte o Consello do Goberno da Xunta do día 06/04/2017 aprobou o Informe sobre o Plan de estabilidade no emprego e provisión de prazas de persoal estatutario do Sergas.

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript