Como vos sinalamos reiteradamente, os concursos de traslados teñen que contemplar todas as vacantes, de non proceder desta maneira, a administración ten que sinalar as razóns individualizadas dos motivos polos que queren retirar do concurso aquelas prazas que non queren ofertar. Na Xunta de Galiza, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, que vai proceder á convocatoria do concurso de traslados, intentou proceder do mesmo xeito que o equipo de goberno da UDC, achegándolles aos sindicatos a relación de prazas vacantes a ofertar, limitándose a dar unha xenérica información verbal das que non aparecían na relación.
No DOG do 10 de abril publícase a RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas. E tamén a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
O pasado día 3 de abril, tivo lugar unha xuntanza da Comisión de Persoal na que se tratou un único punto na orde do día que foi Proxecto de decreto polo que se regula a formación en igualdade e a prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Plataforma Andaluza contra as bases realizou unha protesta contra o uso da base militar de Rota, en Cádiz (sur de España), nos bombardeos do pasado venres desde dous destrutores de Estados Unidos contra Siria.
A Alternativa de PAS Asemblearia non abrirá o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns
O venres, día 7 de abril, o xerente comunicoulle á Xunta de Persoal que a Resolución da convocatoria de concurso de traslados xa se enviara ao DOG e establecía como posible data de publicación o próximo luns, día 17 de abril. Durante o procedemento o reitor utilizou toda clase de artimañas que evidenciaron a súa mala fe á hora de negociar. Presentou varios proxectos sen máis conexión entre eles que a intención de preservar algunha praza do Servizo de Informática e Comunicacións. Coa carencia de conexión entre as propostas salvo a sinalada, o equipo de goberno demostrou, tamén, a súa falta de vontade negociadora.
Transcorrido o prazo para a presentación de recurso de apelación, a sentenza de nulidade das prórrogas das comisións de servizos ten que levarse a efecto. A Universidade está obrigada a restituír a legalidade anulando as prórrogas realizadas nos anos 2016 e 2017. Polo seu proceder, evidénciase que a Xerencia deixa, de novo, que o tempo transcorra sen mover ficha.
En reiteradas ocasións requirímoslle á xerencia explicacións sobre o cesamento da vicexeerenta de Ferrol e o nomeamento de substituto. Sempre tivemos a mesma concisa resposta: “A Xerencia considera que a designación dun novo vicexerente do campus de Ferrol é legal e que a persoa cesada se encontra en situación de «a disposición» con obriga de se presentar ao primeiro procedemento de revisión que se convoque” (ver acta da sesión do Consello de Goberno de 21/07/2016).
O chiste bomba. O chiste definitivo, o combo que che garante cárcere, multa e linchamento mediático. Un chiste onde mestures monarquía, Igrexa católica e ETA, cun par de toques de franquismo disfrazados de humillación ás vítimas (Carrero) e ofensa aos crentes (o Valle de los Caídos). Saltéalo con graza e consegues un chiste que reúne nunha soa frase o máis top do Código penal: o artigo 510 (odio), o 525 (ofensa a sentimentos relixiosos), o 578 (enaltecemento do terrorismo) e o 491 (inxurias á coroa). "Isto van Carrero, o rei, a Virxe e un etarra polo Valle de los Caídos, cando de súpeto…". A ver quen se atreve a terminar o chiste.
A Alternativa de PAS Asemblearia non abrirá o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript