Abril de 2017
 
 

NÚMERO 353 - 17/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Concurso de traslados. Dous xeitos de abordalo

Como vos sinalamos reiteradamente, os concursos de traslados teñen que contemplar todas as vacantes, de non proceder desta maneira, a administración ten que sinalar as razóns individualizadas dos motivos polos que queren retirar do concurso aquelas prazas que non queren ofertar. Na Xunta de Galiza, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, que vai proceder á convocatoria do concurso de traslados, intentou proceder do mesmo xeito que o equipo de goberno da UDC, achegándolles aos sindicatos a relación de prazas vacantes a ofertar, limitándose a dar unha xenérica información verbal das que non aparecían na relación.

 

  • Noticias relacionadas

 

Presentou unha proposta de bases, relación de prazas e outra relación de prazas vacantes que non se ofertaban. Diante das ameazas de presentación de recurso por parte da representación sindical, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas  ven de remitir ás organizacións sindicais un novo proxecto no que xa sinala os motivos para que no concurso de traslados non se contemplen as vacantes.
 
A Xunta, con longa traxectoria nisto da imposición de condicións de difícil ou imposible encaixe legal, sabe até onde pode chegar para que os procedementos relacionados co necesario control da representación d@s traballador@s estean suxeitos aos principios de obrigatoriedade, boa fe negocial, publicidade e transparencia. O equipo de goberno desta universidade, aprendices dos procedementos seguidos pola Xunta, esquecen, supoñemos que intencionadamente (non dubidamos da súa capacidade)  o establecido na Lei do Emprego Público.
 
Unha das obrigas da Xunta de Persoal é a de velar por que as actuacións institucionais cumpran a legalidade. A actuación do equipo de goberno, co reitor á fronte obriga á representación d@s traballador@s a interpoñer o correspondente recurso.
 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript