NÚMERO 352 - 10/04/2017
CUTUDC / Novidades
O venres, día 7 de abril, o xerente comunicoulle á Xunta de Persoal que a Resolución da convocatoria de concurso de traslados xa se enviara ao DOG e establecía como posible data de publicación o próximo luns, día 17 de abril. Durante o procedemento o reitor utilizou toda clase de artimañas que evidenciaron a súa mala fe á hora de negociar. Presentou varios proxectos sen máis conexión entre eles que a intención de preservar algunha praza do Servizo de Informática e Comunicacións. Coa carencia de conexión entre as propostas salvo a sinalada, o equipo de goberno demostrou, tamén, a súa falta de vontade negociadora..
Temos que significar que, de xeito xeral, os concursos de méritos teñen que contemplar todas as vacantes existentes. Neste caso o reitor e xerente nin sequera se toman a molestia de xustificar, de ningún xeito, a decisión de que no concurso non aparezan as prazas vacantes do Servizo de Informática e Comunicacións, fano porque pesan máis os seus intereses que os principios que rexen na Administración Pública. Eles xa saben o que “convén”.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript