Abril de 2017
 
 

NÚMERO 352 - 10/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

A Xunta comeza a análise da carga de traballo de 16.000 funcionarios da Administración galega

Coa escusa de corrixir desaxustes e evitar contratacións externas a Xunta realizará a análise da carga de traballo dos seus 16.000 traballadores. Calculará a media de tempo que leva aos funcionarios realizar as súas tarefas, buscando "reordenar" ao seu persoal en función das necesidades que se detecten.

 

  • Noticias relacionadas

 

No canto de principiar por servizos que veñen denunciando, de xeito sistemático, importantes carencias e unha carga de traballo insoportable como sucede nos centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar Social. O estudo comezou hai un par de semanas no departamento de Vicepresidencia o que fai pensar que non se pretende unha mellora dos servizos á cidadanía senón que o que se busca é xustificar os recortes e mobilidade de funcionarios que ten en perspectiva a Xunta de Galiza.
 
Unha vez máis utilízase o eufemismo da optimización dos servizos para xustificar os recortes.

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript