Abril de 2017
 
 

NÚMERO 352 - 10/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

"Urxe cambiar o financiamento sanitario para garantir a suficiencia e equidade do sistema"

A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública realizou cinco propostas para o cambio do modelo de financiamento, co obxecto de "garantir a suficiencia, a equidade e a racionalización do sistema sanitario".

 

  • Noticias relacionadas

 

Para a Federación, o novo modelo de financiamento debería
 
1.    Garantir a suficiencia financeira e a equidade entre CCAA, moi afectada pola crise, os recortes e as deficiencias do actual modelo (baseado en poboación e uns fondos de compensación irracionais). Para o que habería que incrementar a carga impositiva aos sectores economicamente máis poderosos que apenas pagan impostos, modificar o sistema para que non descanse en impostos indirectos que incrementan a desigualdade e afectan o modelo dunha sanidade redistributiva e obrigar a todas as CCAA a recuperar o imposto de patrimonio e o de sucesións.
 
2.    Devolver o carácter finalista ao financiamento sanitario, con obrigación de destinar un montante similar  en cada CCAA e  impedir que algunhas CCAA practiquen dumping social  reducindo impostos ás empresas e capitais para conseguir maiores  investimentos.
 
3.    Dar transparencia ao sistema, simplificar o sistema de cálculo e de nivelación eliminando os actuais fondos de garantía ou sustentabilidade.
 
4.    Crear unha partida económica específica nos Orzamentos do Estado destinada a compensar as diferenzas de financiamento (non baseadas en necesidades obxectivas de saúde de cada  poboación) entre CCAA, para o que poderían utilizarse os Fondos de Cohesión.
 
5.    Introducir para o cálculo das necesidades de gasto, ademais dos actuais  indicadores baseados na estrutura  poboacional,  outros baseados nas  necesidades de saúde como a carga de enfermidade (enfermidades prevalentes, mortalidade, discapacidade, principais  determinantes ambientais e diferenzas de recursos sanitarios).
 
6.    Cambiar a orientación estratéxica da política sanitaria: Pasar da actual estratexia orientada á enfermidade e a curación a outra baseada na promoción, a prevención, a equidade e os coidados aos crónicos.
 
Canarias Semanal

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript