NÚMERO 352 - 10/04/2017
CUTUDC / Novidades
Imos coñecendo máis datos sobre o acordo asinado entre os sindicatos maioritarios e o Ministerio de Facenda para a estabilización de emprego público. O primeiro que hai que sinalar é que as universidades non entramos neses plans iniciais de estabilización. Os sindicatos asinantes emiten estes días comunicados nos que intentan botar balóns fóra salientando a posibilidade de que se contemplen as prazas de PDI e PAS cando se constitúa un Grupo de Traballo para analizar en profundidade, a evolución do emprego público no sector universitario. Recoñecen, implicitamente, o raquítico papel que xogaron en todo este procedemento que obedece, máis que a súa capacidade negociadora, ás mobilizacións sociais (mareas en defensa da sanidade, educación...) e ás últimas sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea respecto do persoal interino.
Paralelamente coñecemos os
condicionantes que os sindicatos aceptaron no
proceso de negociación, entre eles:
O proceso de estabilización
·
Non contempla as prazas vacantes sen ocupar
·
Non contempla as prazas vacantes ocupadas
temporalmente desde hai menos de tres anos
·
De momento os servizos
afectados limítanse á asistencia directa aos
usuarios de servizos sociais - xestión
tributaria e recadación e en inspección.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript