Número 352 - 10 de abril de 2017
 
 
UNIVERSIDADE

    O venres pasado, o xerente comunicoulle á Xunta de Persoal que a Resolución da convocatoria de concurso de traslados xa se enviara ao DOG e establecía como posible data de publicación o próximo luns, día 17 de abril. Durante o procedemento o reitor utilizou toda clase de artimañas que evidenciaron a súa mala fe á hora de negociar. Presentou varios proxectos sen máis conexión entre eles que a intención de preservar algunha praza do Servizo de Informática e Comunicacións. Coa carencia de conexión entre as propostas salvo a sinalada, o equipo de goberno demostrou, tamén, a súa falta de vontade negociadora.

 UNIVERSIDADE

    Transcorrido o prazo para a presentación de recurso de apelación, a sentenza de nulidade das prórrogas das comisións de servizos ten que levarse a efecto. A Universidade está obrigada a restituír a legalidade anulando as prórrogas realizadas nos anos 2016 e 2017. Polo seu proceder, evidénciase que a Xerencia deixa, de novo, que o tempo transcorra sen mover ficha.

UNIVERSIDADE

    En reiteradas ocasións requirímoslle á xerencia explicacións sobre o cesamento da vicexerenta de Ferrol e o nomeamento de substituto. Sempre tivemos a mesma concisa resposta: “A Xerencia considera que a designación dun novo vicexerente do campus de Ferrol é legal e que a persoa cesada se encontra en situación de «a disposición» con obriga de se presentar ao primeiro procedemento de revisión que se convoque” (ver acta da sesión do Consello de Goberno de 21/07/2016).

 XUNTA DE GALIZA
    Coa escusa de corrixir desaxustes e evitar contratacións externas a Xunta realizará a análise da carga de traballo dos seus 16.000 traballadores. Calculará a media de tempo que leva aos funcionarios realizar as súas tarefas, buscando "reordenar" ao seu persoal en función das necesidades que se detecten.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
 CRISE ESTAFA
    Os multimillonarios españois souberon esquivar a mala serie que atravesa a bolsa española, cuxo principal indicador, o IBEX 35, deixouse en 2016 un 2,01 % e sumou dous exercicios consecutivos con perdas.
 FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
    A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública realizou cinco propostas para o cambio do modelo de financiamento, co obxecto de "garantir a suficiencia, a equidade e a racionalización do sistema sanitario".
• OPINIÓN - Isaac Rosa

    O chiste bomba. O chiste definitivo, o combo que che garante cárcere, multa e linchamento mediático. Un chiste onde mestures monarquía, Igrexa católica e ETA, cun par de toques de franquismo disfrazados de humillación ás vítimas (Carrero) e ofensa aos crentes (o Valle de los Caídos). Saltéalo con graza e consegues un chiste que reúne nunha soa frase o máis top do Código penal: o artigo 510 (odio), o 525 (ofensa a sentimentos relixiosos), o 578 (enaltecemento do terrorismo) e o 491 (inxurias á coroa). "Isto van Carrero, o rei, a Virxe e un etarra polo Valle de los Caídos, cando de súpeto…". A ver quen se atreve a terminar o chiste.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

 ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO
    Imos coñecendo máis datos sobre o acordo asinado entre os sindicatos maioritarios e o Ministerio de Facenda para a estabilización de emprego público. O primeiro que hai que sinalar é que as universidades non entramos neses plans iniciais de estabilización. Os sindicatos asinantes emiten estes días comunicados nos que intentan botar balóns fóra salientando a posibilidade de que se contemplen as prazas de PDI e PAS cando se constitúa un Grupo de Traballo para analizar en profundidade, a evolución do emprego público no sector universitario. Recoñecen, implicitamente, o raquítico papel que xogaron en todo este procedemento que obedece, máis que a súa capacidade negociadora, ás mobilizacións sociais (mareas en defensa da sanidade, educación...) e ás últimas sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea respecto do persoal interino.
 NON É CRISE. É O SISTEMA
    Son máis do 10%, tres puntos porcentuais máis que no primeiro trimestre de 2016. Incrementan as familias que teñen que recortar en gastos comúns ou recibir axuda económica de familiares e amizades.
 COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RIA DE FERROL
    A tese Cunha-Urgorri, que nega a afectación da Ria polo impacto de Reganosa, carece de rigor e é contraria a estudos europeos feitos ao abeiro da CE, que cualifican o uso de biocidas e arrefriamento da auga como contaminación mariña.
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    O vindeiro 27 de maio as Marchas da Dignidade volven a Madrid, a tres anos da histórica manifestación do 22M de 2014. Compartimos o Manifesto de convocatoria oficial das Marchas para a manifestación do 27M.
 LINGUA - Valentina Formoso
    Aproveitando a oportunidade que se me brinda neste espazo, quería poñerlle voz a Rosa e mais a Marta, nomes ficticios que representan a dúas mulleres reais que andan nos corenta anos. Teñen en común -entre outras cousas non relevantes para este artigo- a súa orixe (naceron en aldeas de dous concellos moi rurais do noso territorio), o lugar de traballo (unha empresa privada dunha cidade galega) e a profesión (ambas, administrativas). Tamén coinciden na súa lingua inicial, galego; na súa lingua de escolarización, castelán; na súa lingua familiar, galego; na súa lingua de formación, castelán, e , por suposto, na lingua que empregan no ámbito laboral, castelán.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      A MÁXIMA DO PP, PSOE, CDC...

       
        NEOLINGUA - EUFEMISMOS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          CALENDARIO LABORAL 2017
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript