Abril de 2017
 
 

NÚMERO 352 - 10/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  NON É CRISE. É O SISTEMA
 

Aumentan os fogares galegos que chegan “con moita dificultade” a final de mes

Son máis do 10%, tres puntos porcentuais máis que no primeiro trimestre de 2016. Incrementan as familias que teñen que recortar en gastos comúns ou recibir axuda económica de familiares e amizades.

 

  • Noticias relacionadas

 

O 10,1 por cento dos fogares galegos recoñecen que chegan “con moita dificultade” a final de mes, unha porcentaxe que é tres puntos máis que os que afirmaban isto no primeiro trimestre de 2016, cando eran o 6,9 por cento.  Descenden, en troques, aqueles que din chegar ‘con dificultade’ a final de mes. Eran a comezos de 2016 o 77% e agora andan perto do 42%. Temos, pois, que nos primeiros meses de 2017 o 51,8% dos fogares do noso país recoñecen que chegan con dificultade ou moita dificultade a final de mes. Por outra banda, o 48% din que o fan con facilidade ou moita facilidade.
 
Aliás, por volta do 22 por cento dos fogares aseguran que non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses e perto dun 14%  cambiou os seus hábitos de compra, pasando a mercar marcar brancas, produtos en oferta, etc. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos no primeiro trimestre de 2017. Ademais, o 13,76% dos fogares galegos diminuíu gastos comúns, como a roupa e o calzado, o transporte, etc. (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación).
 
E un 7,2% recoñece que recibiu axuda económica de amizades ou familiares, unha porcentaxe superior ao 5,6% que se rexistrara nesa situación un ano antes. 
 
Sermos Galiza

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript