Abril de 2017
 
 

NÚMERO 351 - 03/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  CONSELLO DA XUNTA
 

Novas normas para os socorristas en Galiza

O Consello da Xunta aprobou este xoves a modificación do decreto de socorrismo, que amplía a catro anos o prazo transitorio para acreditar a formación mínima. Tamén crea o Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia. A modificación afecta directamente aos compañeiros da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.

 

  • Noticias relacionadas

 

A xunta destaca que o texto sometido a exposición pública é froito do consenso entre os principais axentes implicados: as tres universidades galegas, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Cruz Vermella e Federación de Socorrismo de Galicia.
 
Así, ampliarase o período transitorio para adaptarse ao decreto que obriga aos socorristas galegos a dotarse dun certificado de profesionalidade (de 2012), o que permitirá aos profesionais inscritos no rexistro galego poder traballar sen este requisito específico catro anos máis (ata 2021).
 
As novidades que se introducen no decreto buscan asegurar a cobertura de efectivos nas praias e instalacións acuáticas galegas con garantías de seguridade.
 
Noutra orde de cousas, o Consello da Xunta deu luz verde ao decreto polo que a Consellería de Facenda dótase dunha nova estrutura orgánica, que permitirá adaptala á nova configuración interna do departamento e servirá para crear o Tribunal Administrativo de Contratación Pública e para reforzar a estrutura da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
 
Galicia Confidencial
 
Nota de prensa do Consello da Xunta
 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript