NÚMERO 351 - 03/04/2017
CUTUDC / Novidades
O Nestes días algunhas organizacións que deberían estar informadas, pois forma parte do seu traballo, manifestaron en prensa que o Rexistro Civil continuará sendo gratuíto coa entrada en vigor da Lei 20/2011, tachando “de bulo o que afirme o contrario”.
Se non fose tan grave o
asunto, mesmo nos “reiriamos” á cara desta
tontería. Para aclaralo imos utilizar os artigos da
lei onde vén recollida a obrigación de pagar por
certos trámites e os custos:
-Cando por iniciar un expediente de
nacionalidade española por residencia NON SE
PAGABA UN SÓ EURO, coa reforma imponse O PAGO
DUNHA TAXA INICIAL DE 100 €. (A lei
19/2015 do 13 de xullo na súa Disposición final
sétima, punto 4 establece, "... O procedemento ao
que se refire este artigo estará suxeito ao pago
dunha taxa de 100 euros...")
-Cando para acreditar a integración na
sociedade española NON SE PAGABA NADA, pois
devandito trámite facíase nas oficinas dos
Rexistros Civís (presentación de vida laboral,
cursos de formación, escolarización dos fillos,
etc...), agora obrígase ao solicitante para
realizar dous exames, unha proba de coñecementos
constitucionais e socioculturais e outra para a
obtención do diploma de Español, CUXA CONTÍA
ASCENDE A 85 € E 124 €
RESPECTIVAMENTE. (www.examenes.cervantes.es)
-Cando dispoñemos en Galicia de 317
Rexistros Civís (oficinas principais e delegadas),
co novo texto esixirase ter soamente UNHA OFICINA
por cada Comunidade Autónoma, o que
indubidablemente supoñerá unha redución drástica no
número de oficinas, e todo aquilo que se realizaba
de maneira presencial e GRATUÍTA, coa
reforma terase que realizar a través de Xestores
Administrativos que asinasen convenios co
Ministerio de Xustiza, PREVIO PAGO.
-Cando os Rexistros Civís teñen competencia
exclusiva para celebrar os expedientes matrimoniais
civís de maneira GRATUÍTA, a partir do 30 de
xuño deste ano, tamén o farán os Notarios PREVIO
PAGO. (Lei 15/2015, de 2 de xullo, de
Xurisdicción Voluntaria Disposición final primeira.).
-Cando agora solicítase unha FE DE VIDA E
ESTADO nos Rexistros Civís GRATUITAMENTE, co
novo texto (desaparecen Rexistros Civís e todos os
Rexistros Delegados) terase que realizar o trámite
no Notario PREVIO PAGO. (Artigo 4.1 do
CONVENIO RELATIVO Á EXPEDICIÓN DUN CERTIFICADO DE
VIDA «BOE núm. 194/2004, do 12 de Agosto de 2004»,
as Autoridades competentes para expedir o
certificado de vida son: a) Os Notarios. b) Os
Xuíces e Cónsules encargados do Rexistro Civil do
domicilio do interesado)
-Co peche de oficinas, perda de competencias
rexistrais nos Xulgados de Paz, e a implantación do
folio único rexistral, os libros non dixitalizados
(lembremos en todos os R.C, os libros de 1870 ata
1950, e en moitos R.C desde 1870 ata 2010) serán
trasladados e almacenados de maneira centralizada.
Pois ben, as expedicións de certificacións antes
GRATUÍTAS agora teranse que pedir a través de
Xestores administrativos PREVIO PAGO.
-Coa perda de competencias rexistrais por
parte dos Xulgados de Paz, afástase o Rexistro
civil do cidadán. O que antes NON SUPOÑÍA GASTO,
agora provocará DESPRAZAMENTOS E GASTOS
INNECESARIOS, sobre todo para realizar aqueles
actos rexistrais que a Lei obriga que sexan
presenciais (xuras de nacionalidade, recoñecemento
de filiación, cambio de nome, etc...). Neste punto,
debemos ter en conta ademais, as distancias
kilómetricas que terán que realizar os cidadáns, o
mal estado das estradas e a mala comunicación que
existe, debido ao lamentable servizo público de
transporte que une as zonas rurais e as cidades.
Para “mentir” en algo tan importante como a
privatización do Rexistro civil só pode deberse a
ter que DEVOLVER FAVORES Á XUNTA DE GALICIA,
tendo en conta que, ter ex liberados, candidatos ás
eleccións sindicais e compañeiros de academia de
oposicións en altos cargos dá actual Xunta de
Galicia, por unha banda permite “privilexios de
información” pero tamén obrigacións como neste
caso, negar a privatización do rexistro civil.
ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript