NÚMERO 351 - 03/04/2017
CUTUDC / Novidades
O pasado día 29, convocados pola Xunta de Persoal concentrámonos, primeiro na porta principal da Reitoría, posteriormente trasladámonos á porta da sala onde se realizou o Consello de Goberno para berrarlles, de cerca, que reclamamos o concurso segundo o acordado. Unha vez rematado o Consello de Goberno presentámonos na Sala de Prensa na que o reitor convocara aos medios de comunicación para transmitirlles o tratado na sesión do Consello de Goberno. Nesta ocasión, tanto a Cadena Ser, como La Voz de Galicia informaron das nosas reivindicacións.
Nun comunicado que posteriormente a Xunta de
Persoal remitiu a todas as traballadoras e
traballadores sinalouse que, por decisión
maioritaria se acordara non presentarse na reunión
que o xerente convocara o día 30 para tratar, entre
outras cousas, a aprobación da
proposta remitida a través do Servizo de PAS.
O venres o único sindicato que acudiu a reunión
emitiu un comunicado no que se confirma o que era
previsible. O xerente convocou a reunión do día 30
simplemente para anunciar que ía proceder á
convocatoria do concurso de traslados segundo o
proxecto enviado ao PAS o día 27. No comunicado
enviado non se sinala ningunha xustificación para
que o concurso non contemple as prazas do Servizo de
Informática e Comunicacións, tampouco se explicita
se se lle requiriu esa xustificación. É
incomprensible e inaceptable, para nós, que as
compañeiras e compañeiros do servizo sinalado teñan
que agardar indefinidamente para poder participar no
concurso. Mediante esta artimaña o reitor e xerente
dótanse dun tempo “extra” para as súas manobras.
Nesta semana reunirémonos para tratar sobre as
actuacións que corresponde realizar no camiño de
conseguir que o concurso cumpra cos acordos
alcanzados no seu día: bases do realizado no ano
2014 contemplando todas as vacantes.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript