O pasado día 29, convocados pola Xunta de Persoal concentrámonos, primeiro na porta principal da Reitoría, posteriormente trasladámonos á porta da sala onde se realizou o Consello de Goberno para berrarlles, de cerca, que reclamamos o concurso segundo o acordado. Unha vez rematado o Consello de Goberno presentámonos na Sala de Prensa na que o reitor convocara aos medios de comunicación para transmitirlles o tratado na sesión do Consello de Goberno. Nesta ocasión, tanto a Cadena Ser, como La Voz de Galicia informaron das nosas reivindicacións.
A funcionarización do PAS laboral era o primeiro paso na constitución do corpo único, pero quedaban moitos máis pasos a dar para que esa aspiración se levase a termo.
O pasado día 20 realizouse unha reunión da Mesa Xeral de Negociación na que se debateu a última proposta remitida pola Xerencia. A proposta aprobouse por maioría. O acordo deberá ser aprobado tanto polo Comité de Empresa como pola Xunta de Persoal que terán a última palabra sobre se o proceso seguirá adiante.
O Consello da Xunta aprobou este xoves a modificación do decreto de socorrismo, que amplía a catro anos o prazo transitorio para acreditar a formación mínima. Tamén crea o Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia. A modificación afecta directamente aos compañeiros da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e a responsábel do sector lácteo, Lupe Prado, ofreceron hoxe, 30 de marzo, unha rolda de prensa en Lugo para denunciar o plan da cooperativa Valle de Odieta de construír unha granxa de 20.000 vacas en Noviercas (Soria). Aínda que a macro-explotación estará a máis de 500 quilómetros de Galiza, de ir para adiante poñerá en xaque o sector lácteo galego.
En España, o responsable da Seguridade Social, que regula as políticas de emprego, non tiña o currículo que nos "venderon". A partir de aquí, que máis podemos dicir? En efecto, dixéronnos que o secretario de Estado, Tomás Burgos, era médico, pero non o era. Aí segue este bo señor, pagámoslle e vela polo traballo na nación. Pode ser o mellor exemplo de como se infla un historial académico e non se dimite, cunha absoluta falta de respecto á sociedade á que, supostamente, se serve.
Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript