NÚMERO 351 - 03/04/2017
CUTUDC / Novidades
A funcionarización do PAS laboral era o primeiro paso na constitución do corpo único, pero quedaban moitos máis pasos a dar para que esa aspiración se levase a termo.
Despois dese primeiro paso,
que no seu día rexeitamos por considerar que
foi unha funcionarización “á baixa”,
procedemos á negociación da RPT na que defendemos a
integración da escala técnica coas mesmas
características das que xa tiñan reflectidas o resto
das escalas, asegurándonos de que o barrado a dous
grupos fose xeneral incluíndo aos auxiliares
técnicos de biblioteca, que considerabamos sufriran
unha longa discriminación neste sentido. Desta firme
defensa
informamos nos boletíns do momento.
Defendemos, en todo momento, que só construiriamos o
colectivo partindo da base de que todas as escalas,
subescalas e dentro delas todos os postos tiñan que
ter unha configuración e tratamento idéntico para
que as normas existentes e das que nos dotásemos
puidesen ser de aplicación xeral
En coherencia co sinalado, se de verdade queremos un
corpo único, un colectivo no que as oportunidades
sexan as mesmas para todos e todas, non podemos
consentir que a ningunha compañeira ou compañeiro se
lle prive dun dereito que se lle aplica ao resto.
Este mesmo criterio foi un dos motivos que nos levou
a denunciar as prórrogas das comisións de servizos.
Neste contexto reivindicativo aparece a
“última” proposta de concurso de méritos
enviada a todas as traballadoras e traballadores
polo Servizo de PAS. A proposta racha co proxecto
que nos marcamos como obxectivo ao segregar do
concurso de traslados un servizo, neste caso o
Servizo de Informática e Comunicacións.
Rexeitamos a proposta realizada polo reitor a través
da Xerencia porque nos parece ilegal ao non se
xustificar motivadamente porqué non se permite aos
traballadores e traballadoras do Servizo de
Informática e Comunicacións participar no concurso,
e porque vai contra o noso obxectivo de conseguir o
que sempre chamamos corpo único.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript