NÚMERO 351 - 03/04/2017
CUTUDC / Novidades
Durante o próximo mes de abril o goberno brasileiro realizará unha nova poxa de aeroportos para ser privatizados e para esta fase conta cun “gran número” de empresas licitando.
O Executivo de Brasil
publicará en abril a nova lista de poxas de
aeroportos que serán privatizados, comunicou
este mércores o secretario de Aviación Civil do
Ministerio de Transportes, Dario Lopes.
“Xa temos todos os estudos necesarios para o
lanzamento da nova etapa de poxa”, detallou
Lopes na feira International Brazil Air Show,
celebrada en Río de Janeiro.
A Secretaría presentará “un gran número” de
aeroportos factibles para ser licitados, pero sen
involucrar na privatización á empresa pública de
administración aeroportuaria INFRAERO.
O pasado 16 de marzo foi realizada a última fase de
privatización cando se poxaron aeroportos das
cidades de Salvador, Fortaleza, Florianópolis e
Porto Alegre.
Todas as compañías que fixeron acto de presenza na
poxa eran estranxeiras e os aeroportos foron
asignados a concesionarias de capital europeo.
Segundo os cálculos da Axencia Nacional de
Aviación Civil, cando as empresas adxudicadas
teñan o control total dos aeroportos, as viaxes de
59 por cento do total dos pasaxeiros aeroportuarios
do país estarán administrados por mans do sector
privado.
Sputnik | Telesur
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript