NÚMERO 351 - 03/04/2017
CUTUDC / Novidades
Toda a miña solidariedade con Cassandra, pero non esquezamos que hai moit@s Cassandras, e sobre todo, que o/a seguinte podes ser ti. O pasado mércores cumpríronse tres anos desde que empezou o meu pesadelo. Tres anos da miña detención en Madrid tras cubrir para La Haine a manifestación "Xaque á monarquía". A esa detención seguíronlle dúas máis, outra por cubrir informativamente unha acción de protesta en Iruñea e outra por opinar a través das redes sociais.
Nestes tres anos, tanto
pola miña condición de represaliado como polo meu
traballo xornalístico, coincidín con infinidade de
compas que tamén están a pasar ese pesadelo, cheas
de persoas que foron detidas, acusadas, xulgadas e
condenadas por protestar na rúa, por organizarse
politicamente, por solidarizarse con outr@s
represaliad@s ou simplemente por atreverse a opinar
publicamente. Moita xente perseguida por un estado
que non quere deixarnos xa nin pensar á marxe do
que eles marcan.
3 anos despois aquí sigo, coa tranquilidade de
saber que teño a razón. Pero co terror que provoca
este ESTADO TERRORISTA no que vivimos, a impunidade
da que goza a ultradereita, os poderosos, a
violencia policial... o sen sentido da xudicatura e
a súa nova "policía do pensamento".
A última vítima de leste sen sentido foi Cassandra,
condenada a un ano de cárcere por uns chistes sobre
a morte dun asasino como Carrero Blanco, pero hai
moitos máis, o goteo é incesante, continuo, e nos
últimos anos multiplicouse exponencialmente.
Pero antes de Cassandra foron moit@s otr@s compas:
Alfredo Remírez, Rubén González, Arkaitz Terrón,
Andeka Jurado, Cesar Strawberry… Pero tamén Alfon,
Nahuel, @s pres@s polític@s vasc@s, os mozos de
Altsasu, os de Orereta, os independentistas
cataláns perseguidos pola Audiencia Nacional, @s
anarquistas das operacións piñatas e pandoras, @s
activistas que pairan desafiuzamentos, @s que
rodean o Parlament… tant@s e tant@s compañer@s
vítimas tod@s do mesmo: a represión e a sen razón
deste estado que nos tocou padecer. E en moitos
destes casos tocoume ser un dos que contan os seus
casos, para que non se oculte a represión salvaxe
que estamos a sufrir.
Hoxe, tres anos despois aquí sigo coa cabeza no
alto, esperando dous xuízos que atentan contra a
miña liberdade de informar e de expresarme. E o
único que me fixestes con todas esas detencións,
chamadas declarar, peticións fiscais, a
criminalización e o sinalamento por parte dos vosos
medios, e con eses case 8 anos de cárcere que me
pedides... é darme máis ganas de loitar e de seguir
informando desde este lado da barricada, desde o
lado da clase obreira, da xente do montón, dos
movementos populares.
Ademais, querido Torquemada, teño algo que
confesarche, e é que, tes que saber que che saíu o
tiro pola culata, porque se o que querías era
silenciarme conseguiches xusto o contrario. A
partir do momento que empezastes a perseguirme,
pasou outra cousa, unha que talvez non medirades: a
solidariedade. E grazas a esa solidariedade, hoxe
esta voz crítica chega a moitas máis persoas.
Toda a miña solidariedade con Cassandra, pero non
esquezamos que hai moit@s Cassandras, e sobre todo,
que o/a seguinte podes ser ti.
ABAIXO O ESTADO TERRORISTA!!
AMNISTÏA TOTAL!!
Texto completo en:
http://www.lahaine.org/est_espanol.php/yotambiensoycassandra-quot-mi-pesadilla-comenzo
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript