NÚMERO 351 - 03/04/2017
CUTUDC / Novidades
Os Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) denunciaron hoxe os centenares de cursos nos que altos responsables de Facenda instrúen aos asesores internacionais e grandes despachos tributarios en técnicas para eludir impostos e evitar as medidas antielusión, raiando o límite do decoro e da lei de incompatibilidades, segundo puxeron hoxe de manifesto no marco da XV edición do seu Congreso Nacional en Alacante.
Precisamente, a relación entre
a corrupción política e a fraude fiscal someteuse
hoxe á opinión de Joaquim Bosch, portavoz de Xuíces
para a Democracia; Jesús Lizcano, presidente de
Transparencia Internacional e de José María Olmo,
xornalista do Confidencial que foi un dos que
destapou os ‘Papeis de Panamá’.
Gestha considera que o correcto desempeño
das funcións públicas de determinados responsables
da AEAT e do Ministerio de Facenda choca coa súa
actividade máis que frecuente en multitude de actos
docentes (xornadas, cursos, talleres e mestrados
universitarios …), o que abre a dúbida sobre a
súa compatibilidade co cargo, dado que podería
menoscabar o estrito cumprimento dos seus deberes,
cando non comprometer a súa independencia ou
imparcialidade.
Neste sentido, os Técnicos sinalan que, a pesar
de recibir altas retribucións con inxentes
incentivos, é frecuente atopar nos claustros de
profesores a subdirectores xerais e altos
responsables da Oficina Nacional de Fiscalidade
Internacional (ONFI), da Delegación Central de
Grandes Contribuíntes ou da Dirección Xeral de
Tributos, por citar algúns exemplos.
Estes “docentes” contan xa con elevados salarios
polos seus cargos desempeñados en Facenda, que se
moven entre os case 70.000 euros dun subdirector
adxunto da Dirección Xeral de Tributos, ata os máis
de 100.000 euros anuais que percibe un xefe de
equipo nacional da Delegación Central de Grandes
Contribuíntes ou o Xefe da OFNI.
Cadro 1. A retribución dalgúns dos cargos de
Facenda que instrúen aos asesores fiscais
Postos ocupados por
algúns dos “docentes” |
Estimación das
retribucións totais en 2017 (*) |
Xefe de Equipo
nacional de inspección A.A. Delegación
Central de Grandes Contribuíntes |
111.774,18 |
Xefe Oficina Nacional
de Fiscalidade Internacional |
108.081,27 |
Director Xeral de
Tributos |
104.979,38 |
Xefe de Equipo
nacional de inspección A.A. Delegación
Central de Grandes Contribuíntes |
104.078,26 |
Xefe Adxunto Oficina
Nacional de Fiscalidade Internacional |
103.255,34 |
Xefe ENI Coordinador/a
Delegación Central de Grandes Contribuíntes |
101.185,61 |
Presidente Tribunal
Económico Administrativo Rexional de Madrid |
100.970,15 |
Director do Instituto
de Estudos Fiscais |
97.310,13 |
Inspector Asesor e
Coordinador D de Oficina Nacional de
Investigación da Fraude |
93.337,38 |
Xefe Unidade de
Coordinación Dependencia Rexional de
Xestión Tributaria de Madrid |
93.077,88 |
Xefe de Equipo
nacional de inspección Delegación Central
de Grandes Contribuíntes |
91.726,53 |
Inspector Facenda D |
86.423,50 |
Subdirector Xeral AEAT |
83.977,53 |
Subdirector Xeral da
Dirección Xeral de Tributos |
83.977,53 |
Director de Formación
de Facenda Publica do Instituto de Estudos
Fiscais |
83.977,53 |
Subdirector Adxunto da
Dirección Xeral de Tributos |
69.641,32 |
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript