NÚMERO 350 - 27/03/2017
CUTUDC / Novidades
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o asesor da Executiva do SLG, Xosé Ramón Cendán, atópanse en Roma para participar nos actos reivindicativos que organiza a Coordinadora Europea da Vía Campesina con motivo do 60 aniversario do Tratado de Roma. De seguido, para enmarcar esta viaxe de traballo e loita, transcribimos o comunicado emitido hai unhas semanas pola ECVC anunciando as accións previstas para o 25 de marzo.
Chamamos ás organizacións da Coordinadora
Europea da Vía Campesina, aos grupos aliados, ás
redes cidadás, e a todo o movemento labrego e pola
soberanía alimentaria en Europa a mobilizarnos este
25 de marzo -ao cumprirse os 60 anos do Tratado de
Roma- por outra Europa, por unha que coide a súa
poboación e non que protexe os intereses
corporativos, por unha política agrícola que forneza
alimentos de calidade, ingresos dignos aos
produtores e produtoras, traballo decente e protexa
o medio ambiente.
Os obxectivos establecidos no Tratado de Roma e a
Política Agraria Común (PAC) levan xa 60 aos
suspendidos no aire. No seu canto, temos visto unha
serie de medidas postas en marcha polas institucións
europeas que só beneficiaron unha axenda comercial
controlada polos grandes intereses corporativos.
A pesares de seren mencionados no acordo fundador de
1957, obxectivos fundamentais tales como garantir
unha vida xusta á poboación agrícola, estabilizar os
mercados, e asegurar o subministro de alimentos a
Europa con prezos que sexan accesibles para todos os
consumidores e todas as consumidoras, foron en
grande medida ignorados nas políticas agrícolas das
últimas décadas.
Considerando a débeda aínda pendente co mundo
labrego, coas rexións rurais da Unión Europea, e co
resto da súa poboación, a ECVC xunto cunha extensa
coalición de asociacións da sociedade civil -grazas
ao esforzo do noso membro italiano e anfitrión deste
encontro, a Associazione Rurale Italiana ARI-, cuxo
traballo ampliou a grande escala a plataforma da
ECVC a outros movementos e organizacións sociais en
Italia- levarán a cabo unha serie de accións para
recuperar os obxectivos de seguridade alimentaria
iniciais deste acordo e, ao mesmo tempo, rexeitar a
súa dimensión produtivista, hoxe en día obsoleta. No
seu canto, queremos que se incorpore unha visión
adaptada aos desafíos que actualmente afronta a nosa
sociedade como son a saúde pública, ameazas ao medio
ambiente e a xustiza social.
Tod@s
xunt@s este 25 de marzo
por unha PAC que sirva aos pobos!
Basta xa de tantas décadas de políticas destrutoras!
Pola terra, o traballo, a saúde e a dignidade!
SINDICATO LABREGO GALEGO
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript