NÚMERO 350 - 27/03/2017
CUTUDC / Novidades
Como nun gran truco de maxia, na Unión Europea desapareceron entre 2008 e 2015 máis de 213 mil millóns de euros. Non é unha cantidade pequena. Equivale, por exemplo, á suma do gasto anual en educación que se fai en Alemaña, Italia, Dinamarca e na República Checa. Ou ben ao que se destina cada ano aos servizos de saúde no Estado español, Austria, Grecia, Polonia e Suecia, combinados, por poñer outro exemplo. É dicir, moitísimos cartos.
Eses 213.000 millóns de euros foron o montante total do diñeiro perdido polos 28 Estados membros por mor do incremento do déficit e o aumento do pagamento dos xuros como resultado directo das súas intervencións na crise bancaria. Por resumir e aclarar, como pide a analista Rosa Estévez, “foron os cartos usados para resgatar bancos e que nutriron o negocio de auditoras e empresas asesoras”.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript