Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 350 - 27/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  PERMISO DE PATERNIDADE
 

O Permiso de Paternidade discrimina aos funcionarios

Os funcionarios de carreira de calquera Administración non teñen as mesmas opcións que o resto de traballadores da empresa privada, e mesmo, na propia Administración -os laborais- ,para poder gozar do Permiso de Paternidade.

     

  • Noticias relacionadas

 

Actualmente prodúcese unha discriminación porque o traballador ten un permiso de catro semanas ampliables en caso de parto múltiple en dous días máis por cada fillo a partir do segundo, mentres que no caso dos funcionarios non se contempla esa opción. (No caso de Galiza, o permiso, no caso de parto múltiple amplíase como máximo unha semana, artigo 124 da Lei de Emprego Público).
 
(Segundo sinala o Estatuto dos Traballadores, os traballadores gozarán dun permiso de dous días por nacemento de fill@ que é acumulable ao permiso de paternidade. Os funcionarios non teñen este permiso)
 
Ademais, o traballador pode gozar dun permiso de paternidade en réxime de xornada completa ou parcial previo acordo coa empresa, pero non existe esta regulación no caso do funcionario, polo que dubidosamente se lle concederá a xornada parcial.
 
Neste sentido, hai que destacar que onde se acentúa a discriminación é na data do comezo do permiso. O funcionario pódeo gozar só a partir da data de nacemento, mentres que o traballador ten máis flexibilidade.
 
E todo porque así o establece o artigo 49 do Estatuto Básico do  Empregado Público (EBEP)  no que se establece que o permiso de paternidade dos funcionarios “terá unha duración de catro semanas, a gozar polo pai ou o outro proxenitor a partir da data do nacemento”, algo que non está regulado así no Estatuto de Traballadores que ordena o réxime laboral do resto de traballadores.
 
Neste sentido, parece lóxico que o Goberno debería pensar o facer os trámites necesarios e oportunos para que se cambie ese artigo 49 do EBEP e se consiga un tratamento legal que homoxenice os permisos de paternidade. 
 
Non deixa de ser unha norma inxusta e incongruente nun momento no que, desde as Administracións Públicas, está a promoverse a sensibilización dos seus empregados cara á igualdade entre homes e mulleres a través da realización de cursos. Tamén se está tentando chegar a unha equiparación entre os empregados públicos, sexan funcionarios ou laborais.
 
Por último, indicar que a entrada en vigor en xaneiro da lei que amplía o permiso de paternidade foi un importante avance na conciliación da vida familiar e laboral, se ben a diferenza de regulación segundo sexa funcionario, ou non, carece de xustificación e tradúcese nun peor tratamento para este colectivo.
 
Funcionario hoy

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript