NÚMERO 350 - 27/03/2017
CUTUDC / Novidades
A pensión media en Galiza situouse en marzo en 773 euros mensuais, o que supón un incremento do 1,9% a respecto de hai doce meses, marzo de 2016. O aumento que nese mesmo período rexistrou a pensión media española foi levemente superior, do 2,05% e é neste mes de 916 euros. Hai, logo, unha fenda de 142 euros mensuais entre unha pensión media galega e a española. Unha fenda, ademais, que non se reduce máis ben ao contrario, como indica que nestes doce meses medrase máis a prestación media no estado que en Galiza.
Temos, pois, que unha pensión media galega é un 15% inferior á española. Unha fenda que se mantén se desglosamos as pensións nas súas diferentes categorías. Así, as pensións por xubilación son de media en Galiza de 880 euros ao mes mentres no estado son de 1.058. Falamos de 178 euros mensuais menos no noso país, un 17% de diferenza.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript