NÚMERO 350 - 27/03/2017
CUTUDC / Novidades
O día 16 de marzo realizouse unha reunión entre a dirección Xeral da Función Pública e as organizacións sindicais para preparar a reunión que se realizou o pasado día 22 da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos. Do que transcendeu salientamos tres temas. Recoñecemento do servizo militar. Novos criterios de elaboración de RPTs e cómputo para a taxa de reposición nos procesos de Consolidación.
Na reunión realizada o
día 16, no apartado de rogos e
preguntas a DXFP informou de que están a traballar
nos trámites do recoñecemento do servizo militar.
Aínda non poden adiantar ningunha data sobre cando
estará rematado.
Reunión realizada o día 22 da Mesa Xeral de
Negociación de Empregados Públicos:
Novos criterios de elaboracións de RPTs ao amparo da
Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia
establecidos unilateralmente pola Dirección Xeral de
Función Pública. Nesta regulamentación recóllense as
titulacións que corresponden a cada posto e as áreas
funcionais nas que se integra.
Procesos de Consolidadión e taxa de reposición,
sinalouse que a Xunta está
pensando en eliminar do cómputo da taxa de
reposición as prazas correspondentes á
consolidación do persoal con antigüidade acreditada
antes do 2005
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript