Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 350 - 27/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - Xosé Antón Laxe Martiñán
 

O Salto cara á irrelevancia da lingua galega

Obvio que esta non é a mellor época para canonizar prensa de –digamos- esquerda e respectuosa co idioma galego. Como ferramenta colectiva a favor duns mínimos nacionais e de clase, seguimos invocando mentes capaces e un corpo subscritor suficiente.

     

  • Noticias relacionadas

 

Por iso malia saudarmos o nacemento d’O Salto, edición para Galicia de El Salto, unha vez que nos chega ás mans o número 0 abonda un dato, de 72 páxinas só 14 están en galego (o 19,4 %, incluída a publicidade do medio), para comprobar que a defensa do idioma non parece cousa que a prensa editada na/para a nosa terra dea asumido. Segue a se manter insensible diante dun asasinato premeditado.
 
Despois de que a ultradereita axustizaseGalicia hoxe ou De luns a venres, nada queda entre a edición diaria impresa que manteña nin os coidados paliativos para a nosa lingua enferma. E do voluntarismo financiado, ese que cobra do españolismo impaciente, vimos fartas, aprendemos ben que traballa efectivamente pola aniquilación da lingua.
 
A chegada d’O Salto non será un acontecemento, nin sequera resultará crible, mentres non se asuma que aquí sen defensa do idioma non hai prensa alternativa. Diante da efectiva desaparición do idioma non abondan as boas intencións nin outras abstraccións. A práctica debe estar sempre pola normalización. Do contrario non se estará a constituír alternativa ningunha. Será máis do mesmo. 
 
ProLingua
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript