Número 350 - 27 de marzo de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

A Xunta de Persoal convoca asembleas e concentración

Cumpriuse a previsión. O xerente non moveu ficha nos 15 días de prazo que lle deu a Xunta de Persoal para que convocase o concurso de traslados segundo o acordado que lembramos consistía en que as bases serían as mesmas que as do último concurso realizado no ano 2014 e no que aparecerían todas as prazas vacantes. Que o xerente non ía proceder do xeito que se lle requiría sinalámolo nas asembleas que convocamos como APA, pois sabiamos que o reitor e xerente teñen unha firme decisión ao respecto. A constatación da negativa institucional obriga á convocatoria de asembleas para efectuar un debate, como órgano de representación, que como agrupación xa realizamos.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

XUNTA DE GALIZA

    O día 16 de marzo realizouse unha reunión entre a dirección Xeral da Función Pública e as organizacións sindicais para preparar a reunión que se realizou o pasado día 22 da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos. Do que transcendeu salientamos tres temas. Recoñecemento do servizo militar. Novos criterios de elaboración de RPTs e cómputo para a taxa de reposición nos procesos de Consolidación.

SENTENZA

    A Sala do contencioso administrativo entende que a Administración está obrigada a convocar todos os postos de traballo vacantes

CUT

    A CUT Compostela vén de enviarlle unha solicitude de xuntanza aos catro grupos municipais con representación no Concello de Compostela (Compostela Aberta, Partido Popular, PSdeG-PSOE e Bloque Nacionalista Galego) á fin de tratar unha proposta que elaboraron as traballadoras e traballadores das diferentes contratas da auga e do lixo afiliad@s á CUT: a creación dun Observatorio Municipal da Contratación Pública naqueles municipios dispostos a poñerlle luz e taquígrafos á xestión privada dos servizos públicos.

 ECONOMÍA - PENSIÓNS
    A pensión media en Galiza situouse en marzo en 773 euros mensuais, o que supón un incremento do 1,9% a respecto de hai doce meses, marzo de 2016. O aumento que nese mesmo período rexistrou a pensión media española foi levemente superior, do 2,05% e é neste mes de 916 euros. Hai, logo, unha fenda de 142 euros mensuais entre unha pensión media galega e a española. Unha fenda, ademais, que non se reduce máis ben ao contrario, como indica que nestes doce meses medrase máis a prestación media no estado que en Galiza.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS_COIA
    Partillamos unha entrada dos nosos compas de Erletxea sobre a Renda Básica das iguais. Dende Irún, e xunto a moitas persoas e colectivos, tecen redes na procura doutras formas de vida máis respectuosas co planeta e coas persoas que o habitamos.
 ADEGA
    O pasado xaneiro denunciamos novas verteduras ao dominio público dende a mina de San Fins. O expediente aberto por Augas confirma outra volta e con novas analiticas, que algúns metais tóxicos sobardan os límites legais mesmo 1500m augas abaixo da mina.
 CRISE ESTAFA - POBREZA
    O Informe sobre o Estado Social da Nación 2017, elaborado pola Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais (asociación encargada de propoñer ideas e solucións á administración e ás empresas do sector en materia de servizos sociais) advirte dunha “extensión e persistencia” da pobreza, precariedade, exclusión e incremento de desigualdades na sociedade española; e propón aos políticos: derrogar a Reforma Laboral para acabar coa precariedade; unha renda mínima; atender ás 340.000 persoas dependentes que non reciben atención, e o rescate dos parados de máis de dous anos.
 ROUBO
    A bombona de butano de 12,5 quilogramos, que consomen uns oito millóns de fogares en España, costa a partir deste martes 13,52 euros, o que supón unha subida do 4,89% con respecto aos 12,89 euros actuais, de acordo á resolución publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE). Segundo fontes do sector, o incremento acumulado desde xullo do ano pasado é do 20%.
• OPINIÓN - Jesús Cintora

    A campaña do medo xa está lanzada: coidado co que escribides nas redes sociais, porque nada menos que a Audiencia Nacional, a Fiscalía ou o máis selecto do sistema xudicial español pode actuar contra vós.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    O día 29 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, momento elixido pola Xunta de Persoal, de xeito unánime, para significar diante da comunidade universitaria a reclamación de que se convoque, de xeito inmediato, o concurso de traslados segundo o acordado (as mesmas que as do concurso realizado no ano 2014, e que contemple todas as vacantes).

 PERMISO DE PATERNIDADE
    Os funcionarios de carreira de calquera Administración non teñen as mesmas opcións que o resto de traballadores da empresa privada, e mesmo, na propia Administración -os laborais- ,para poder gozar do Permiso de Paternidade.
 A FOLGA D@S TRBALLADOR@S DE PESCANOVA
    Entrevista a Ana Belén Vázquez Martínez operaria de produción no centro industrial de Pescanova España en Chapela. Leva 14 anos na empresa e é a única representante da CUT na negociación do Convenio Colectivo.
 CRISE ESTAFA
    Como nun gran truco de maxia, na Unión Europea desapareceron entre 2008 e 2015 máis de 213 mil millóns de euros. Non é unha cantidade pequena. Equivale, por exemplo, á suma do gasto anual en educación que se fai en Alemaña, Italia, Dinamarca e na República Checa. Ou ben ao que se destina cada ano aos servizos de saúde no Estado español, Austria, Grecia, Polonia e Suecia, combinados, por poñer outro exemplo. É dicir, moitísimos cartos.
 LEI MORDAZA A LUME DE BIQUEIRA
    Sucedeu no aeroporto do Prat. Ao policía non lle gustou que o cidadán lle falase na lingua propia do país, retivo o pasaporte e ameazouno con que podía perder o voo. Agora, o cidadán recibiu unha denuncia en aplicación da Lei Mordaza.
 REPRESIÓN
    As procesadas enfróntanse a un ano e medio de cárcere e multas de ata 7.000 euros. Están acusadas de atentado á autoridade, danos, coacción e desordes públicos
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o asesor da Executiva do SLG, Xosé Ramón Cendán, atópanse en Roma para participar nos actos reivindicativos que organiza a Coordinadora Europea da Vía Campesina con motivo do 60 aniversario do Tratado de Roma. De seguido, para enmarcar esta viaxe de traballo e loita, transcribimos o comunicado emitido hai unhas semanas pola ECVC anunciando as accións previstas para o 25 de marzo.
 LINGUA - Xosé Antón Laxe Martiñán
    Obvio que esta non é a mellor época para canonizar prensa de –digamos- esquerda e respectuosa co idioma galego. Como ferramenta colectiva a favor duns mínimos nacionais e de clase, seguimos invocando mentes capaces e un corpo subscritor suficiente.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      DESPOIS DO DÍA 8 VOLVE A NORMALIDADE

       
        A NOSA RIQUEZA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          CALENDARIO LABORAL 2017
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript