NÚMERO 350 - 27/03/2017
CUTUDC / Novidades
A bombona de butano de 12,5 quilogramos, que consomen uns oito millóns de fogares en España, costa a partir deste martes 13,52 euros, o que supón unha subida do 4,89% con respecto aos 12,89 euros actuais, de acordo á resolución publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE). Segundo fontes do sector, o incremento acumulado desde xullo do ano pasado é do 20%.
As fontes indican que a subida responde ao
continuado encarecemento das materias primas e que,
de recollerse na súa totalidade o aumento de custos,
a alza na revisión de marzo debería ser do 14%, ata
14,74 euros por bombona.
Con todo, como xa ocorreu en bimestres anteriores e
como establece a normativa, o incremento limitouse
ao 5%, á vez que o importe que as empresas deixarán
de ingresar pola insuficiencia de ingresos engrosará
o déficit de tarifa do sector.
Coa nova subida, o butano acumula catro revisións
bimestrais á alza con respecto ao nivel fixado polo
Goberno en xullo de 2016, de 11,25 euros. Ese mes, a
bombona tocou chan tras unhas secuencia de caídas
que a abarataban un 35% desde os niveis de 2015. A
pesar das novas subidas, o butano atópase aínda un
22% por baixo dos 17,5 euros rexistrados ata marzo
de 2015.
A diferenza con respecto a aquel máximo é de case 4
euros. Subidas e baixadas anteriores A subida deste
martes producirase tras a do 5% en xaneiro, do 4,7%
en outubro e do 4% en setembro. Os incrementos
contrastan coas baixadas do 5% tanto en xullo como
en maio e en marzo de 2016.
En xaneiro de 2016, o prezo máximo aumentou un 3%. O
novo incremento de prezos, realizado conforme a un
mecanismo de revisión automática, é o terceiro que
afronta o novo Goberno.
A revisión fíxaa o Ministerio de Enerxía, Turismo e
Axenda Dixital, pero depende da cotización da
materia prima nos mercados internacionais, de fretes
e da variación do tipo de cambio. O prezo regulado
afecta as bombonas de butano que máis comunmente
utilizan os fogares, envases con carga igual ou
superior a 8 quilogramos e inferior a 20 quilos,
cuxa tara sexa superior a 9 quilos.
EFE
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript