Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 350 - 27/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A Xunta de Persoal convoca asembleas e concentración

Cumpriuse a previsión. O xerente non moveu ficha nos 15 días de prazo que lle deu a Xunta de Persoal para que convocase o concurso de traslados segundo o acordado que lembramos consistía en que as bases serían as mesmas que as do último concurso realizado no ano 2014 e no que aparecerían todas as prazas vacantes. Que o xerente non ía proceder do xeito que se lle requiría sinalámolo nas asembleas que convocamos como APA, pois sabiamos que o reitor e xerente teñen unha firme decisión ao respecto. A constatación da negativa institucional obriga á convocatoria de asembleas para efectuar un debate, como órgano de representación, que como agrupación xa realizamos.

     

  • Noticias relacionadas

 

Por si a alguén da Xunta de Persoal tiña dúbidas ao respecto, solicitóuselle ao reitor a presenza na reunión. O reitor, que se presentou na reunión acompañado polo xerente, confirmou punto por punto a súa decisión. Sinalou claramente que, ou ben se realizaría a convocatoria sen as prazas que interesa resgardar ou iría segundo a proposta xa coñecida por tod@s na que se modifica a RPT especificando que os niveis 25 e superiores están suxeitos a concurso específico. No caso de non alcanzar  acordo coa Xunta de Persoal sinalou que procederán coa tramitación segundo o seu criterio.
 
A Xunta de Persoal ten claro que non vai aceptar ningunha das dúas propostas e reclama a convocatoria segundo os acordos alcanzados no seu día.
 
Nós, aparte de reclamar que se cumpran os acordos, rexeitamos as artimañas urdidas polo equipo de goberno (amortizacións que se empeñan en sinalar que non o son pero que se utilizan como parte dun compromiso coa Consellería para que determinadas prazas non aparezan no concurso. Modificación da RPT para conseguir os mesmos obxectivos) que teñen como única finalidade cociñar o concurso de traslados para que se corresponda cos seus intereses.  Reclamamos que se actúe de boa fe á hora de negociar. A ocultación de información e o proceder institucional manifestan ás claras que o reitor non cumpriu ese principio.
 
Reiteramos os acordos da reunión da Xunta de Persoal do día 22:
 

  • Convocar Asemblea en Ferrol o día 27/03/2017 ás 13:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Humanidades.
  • Convocar Asembleas na Coruña o día 28/03/2017 na Facultade de Socioloxía:
    • Ás 13:00 horas no Salón de Actos
    • Ás 16:00 horas no Salón de Graos

 

  • Orde do día:

  • Concurso de traslados

  • Quenda libre de intervencións

 

  • Convocar concentración na Reitoría previa ao Consello de Goberno e na rolda de prensa posterior ao Consello de Goberno do día 29/03/2017

 
Vémonos nas asembleas e na concentración!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript