NÚMERO 350 - 27/03/2017
CUTUDC / Novidades
A CUT Compostela vén de enviarlle unha solicitude de xuntanza aos catro grupos municipais con representación no Concello de Compostela (Compostela Aberta, Partido Popular, PSdeG-PSOE e Bloque Nacionalista Galego) á fin de tratar unha proposta que elaboraron as traballadoras e traballadores das diferentes contratas da auga e do lixo afiliad@s á CUT: a creación dun Observatorio Municipal da Contratación Pública naqueles municipios dispostos a poñerlle luz e taquígrafos á xestión privada dos servizos públicos
Este observatorio pretende
axuntar e sumar os esforzos dos grupos municipais,
das entidades veciñais, dos sindicatos e doutros
axentes sociais da cidade á hora de supervisar o
estrito cumprimento das condicións pautadas para a
prestación dos nosos servizos públicos, baixo os
principios da transparencia, o respecto aos dereitos
laborais, e a existencia dunha xestión participada
dos servizos polos usuarios e usuarias.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript