NÚMERO 350 - 27/03/2017
CUTUDC / Novidades
O pasado xaneiro denunciamos novas verteduras ao dominio público dende a mina de San Fins. O expediente aberto por Augas confirma outra volta e con novas analiticas, que algúns metais tóxicos sobardan os límites legais mesmo 1500m augas abaixo da mina.
ADEGA xa denunciara que o proxecto de
"Tungsten San Finx SL" de recuperar a actividade
mineira traía de agasallo a
vertedura de 1 millón de metros cúbicos anuais
procedentes das galerías inundadas, e que estas
augas tiñan unha alta carga contaminante de metais
tóxicos.
Así o confirmaron as
anlíticas realizadas por ADEGA en 2016: os
níveis de metais tóxicos como o Cd (cadmio,
substancia perigosa e prioritaria); Cu (cobre,
substancia preferente) e Zn (cinc, substancia
preferente), mesmo chegaban a multiplicar por 28
(caso do Cd), por 8,4 (Zn) e por 7 (Cu) os máximos
establecidos nas normas de calidade ambiental (RD
917/2015).
A resposta da empresa foi, por unha banda, solicitar
a suspensión do procedemento por 3 meses para
proceder a "novos estudos de tratabillidade e
calculos hídricos e estruturais". Por outra, ameazou
con
denunciar a un membro de ADEGA por ter accedido
sen permiso ao "seu" recinto mineiro.
Augas de Galiza corrobora as denuncias de ADEGA
Como consecuencia das últimas verteduras
acontecidas en xaneiro deste ano que
tinguiron o rego de San Fins de laranxa vivo,
Augas de Galiza realizou novas inspeccións e
análises. Os colectivos denunciantes persoados no
expediente vimos de recibir os
resultados, que corroboran punto por punto o
denunciado no seu momento.
Augas arriba da explotación mineira, os regos baixan
limpos. Mais as augas que escoan da mesma bocamina
"Buenaventura" amosan os valores máis altos de
metais tóxicos, que no caso do Cd (cadmio,
substancia perigosa e prioritaria) multiplican por
28 os máximos permitidos polas normas de calidade
ambiental. Estes valores e o do resto dos metais
tóxicos reproducen á perfección os resultados das
análises de ADEGA.
Río abaixo da explotación, a contaminación mineira
das augas vai como é lóxico diminuindo, mais seguen
a superarse os límites legais de Cd, Cu e Zn mesmo
1.500 m augas abaixo da mina.
Estes metais pesados son bioacumulativos e tenden a
concentrarse nos tecidos vivos ao longo de toda a
cadea trófica, polo que antes ou despois acabarán
provocando alteracións fisiolóxicas e xenéticas. E
lembremos que rego de San Fins desauga no Vilacoba e
este na ría de Noia, centro dunha grande produción
marisqueira...
Sobran razóns para denegar xa a Sacyr o permiso
de vertedura
Á vista destas novas análises, desta volta
oficiais, instamos ao organismo autónomo Augas de
Galiza a que conclúa xa o expediente denegando o
permiso de vertedura a "Tungsten San Finx SL" .
O contrario significaría un inxustificábel
favoritismo cunha empresa cuxa actividade supón un
risco certo para a saúde ambiental e cidadá. Unha
administración que vela polos intereses xerais non
debería tampouco permitir unha ameaza deste cal¡bre
sobre un importante sector económico que dá emprego
a centos de persoas na ría de Noia e arredores.
Ligazóns
FB da plataforma en defensa da ría de Noia
Descargas
Análises San Fins (Augas de Galiza, 2017)
Análises San Fins (ADEGA, 2016)
Novas relacionadas
A mineira de San Fins denuncia a ADEGA por tomar
mostras de augas contaminadas nos ´seus´ terreos
1 millón de m3 de augas residuais mineiras ameazan a
ría de Noia
ADEGA
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript