Xuño de 2010
 
 

21/06/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Os sindicatos levántanse da mesa sectorial de Educación

 

 

CIG, STEG e UGT –sindicatos que representan ao setenta por cento dos traballadores– levantáronse onte da mesa sectorial de Educación diante da negativa da consellería que dirixe Jesús Vázquez a retirar a orde pola que se regulan os centros plurilingües en Galicia. Esixiron a retirada desta orde porque “non garante un mellor aprendizaxe das linguas estranxeiras e por que nin se axusta á legalidade nin é beneficiosa para o ensino”. “Trátase dunha ferramenta destinada a crear centros de diferentes categorías e vai ser usada contra o noso idioma”, denuncia.

 


 

A medida que adopta a consellería para desenvolver o decreto abre a porta á implantación do terzo de materias en inglés. “Xustamente esta medida se introduciu no decreto coa clara finalidade de reducir a presenza do galego baixo o prexuizoso argumento de que temos que saber desenvolvernos en idiomas estranxeiros, mais non coñecer a nosa lingua propia.

Con esta decisión a Xunta pasa por riba dun dos motivos para o informe negativo do Consello Consultivo, pois como alí se di: “Ese máximo dun terzo do horario podería resultar desproporcionado con relación ao horario que se dispensa ás dúas linguas oficiais , pode supor un sacrificio para a aprendizaxe oral e escrito das linguas oficiais, tendo en conta os mandatos e fins tanto do Estatuto de Autonomía de Galicia coma da Lei de normalización lingüística e da Carta europea das linguas rexionais e minoritarias”.

Demandan que a consellería “garanta que a lingua de apoio, que precisará o profesorado e o alumnado para aprender outros idiomas, sexa o galego. Do contrario, afondará na mensaxe deste Goberno de que o galego non serve nin para aprender ciencias nin para aprender linguas”.

 

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC. SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript