21/06/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Segundo a Unión de Consumidores de España, «o recibo da luz ten un comportamento alcista absolutamente inxustificado».
A factura
eléctrica dos fogares españois incrementouse
cinco veces máis que a media dos países da
Unión Europea, unha diferenza que se acentuará
se o Goberno leva a cabo a súa proposta de
subir a tarifa o próximo mes de xullo.
Así o denunciou
a Unión de Consumidores de España (UCE), que
realizou un estudo, presentado hoxe, que
demostra «o fracaso» da liberalización do
mercado eléctrico, segundo explicou o
presidente da organización, José Ángel Oliván.
O estudo pon
tamén de relevo que a evolución do prezo da luz
en España, sobre todo nos fogares, «ten un
comportamento fóra do razoable».
A UCE comparou
a factura eléctrica de España co resto de
países da UE entre o primeiro semestre de 2008
e o mesmo período de 2009.
Esta análise
permite comprobar que España se sitúa no
ranking dos prezos máis elevados, superando a
media da UE dos 27.
Ademais de
aumentar cinco veces a media da UE nese período
para os consumidores domésticos, os prezos
incrementáronse case tres veces máis para o
consumo industrial, sen que haxa ningunha razón
que o xustifique, segundo a UCE.
Oliván explicou
que desde que se liberalizó o mercado
eléctrico só catro millóns de consumidores
contratan nel, mentres que máis de 23
millóns seguen acollidos á Tarifa de Último
Recurso (TUR), que regula o Goberno.
A escasa
presenza de consumidores no mercado
liberalizado está a facer, segundo o presidente
de UCE, que o goberno eleve a TUR para facela
cada vez máis disuasoria e obrigar aos cidadáns
a contratar nel.
Con todo, non
parece que vaia ocorrer así, xa que as grandes
compañías que operan no mercado libre a escala
global marcan as súas tarifas referenciadas á
TUR, o que supón que se esta sobe, as outras
subirán na mesma proporción, argumentou Oliván.
Estas empresas,
ademais, en ningún momento levaron a cabo
campañas «agresivas» para captar clientes e,
aínda que, Oliván, precisou que non hai motivos
para afirmar que acorden os tarifas entre elas,
«os resultados son bastante significativos».
O estudo
compara a factura que se paga en dous fogares,
un dun membro, e outro formado por unha familia
media con fillos, e conclúe que coa mellor das
ofertas do mercado libre o aforro oscilaría só
entre 8 e 21 euros anuais en cada suposto.
Iso demostra
que «o modelo deseñado é imperfecto, os
consumidores non o queren e as empresas
tampouco», sinalou o presidente de UCE, quen
pediu ao Goberno que abra un debate profundo
coa participación real dos consumidores.
Esta
organización denuncia tamén que a evolución da
tarifa non se corresponde coa que experimentou
o consumo eléctrico, pois mentres este baixou
debido ás campañas de concienciación, a factura
subiu.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript