Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 349 - 20/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  SENTENZAS
 

O Tribunal Supremo da un mazazo ao dereito de folga

Este 14 de marzo erguémonos coa noticia publicada pola prensa de que o Tribunal Supremo, nun ataque sen precedentes ao dereito de folga, autoriza o esquirolaxe, autorizando a subcontratación de traballadores e traballadoras que estean exercendo o seu dereito á folga. Refírese directamente a que os clientes de empresas cun conflito laboral que desemboque nunha folga poidan subcontratar os servizos a terceiros para continuar a súa actividade.

     

  • Noticias relacionadas

 

A sentenza reflicte unha aspiración longo tempo demandada pola patronal, para deixar sen efecto real as medidas de presión das traballadoras e traballadores.
 
A sentenza revoga unha anterior da Sala do Social da Audiencia Nacional que que declarou nula unha medida de redución salarial por entender que a empresa ALTRAD vulnerou o dereito fundamental de folga dos traballadores e traballadoras. En concreto, a Sala Social do Alto Tribunal estima que unha empresa non vulnerou o dereito de folga dos seus traballadores polo feito de que dúas compañías clientes súas, contratasen con outras empresas os traballos que tiñan contratados coa primeira, debido á folga.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript