NÚMERO 349 - 20/03/2017
CUTUDC / Novidades
As sinaturas serán para apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. A ILP pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais, xa que a súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua coofiacial en Galiza, provoca continuamente situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos.
A Mesa comezará agora
unha campaña para reunir miles de sinaturas en toda
Galiza durante os próximos catro meses.
Esta fin de semana, con motivo da campaña de
recollida de sinaturas para a ILP, A Mesa vai montar
dous postos esta fin de semana.
O sábado día 18 de marzo, entre as 16:00 e as 19:00,
o posto estará a disposición dos asinantes durante o
Campionato de Billarda na Praia de Laxe ao lado do
porto e, se chove, trasladarase ao polideportivo.
O domingo día 19 de marzo, entre as 17:30 e as
18:30, A Mesa porá a posto de recollida de sinaturas
na Coruña, durante o encontro deportivo entre o RCD
da Coruña e o Celta de Vigo.
O vindeiro luns día 20 de marzo, entre as 11.30 e
12.30, haberá dous postos en Santiago de Compostela.
Un nas inmediacións da biblioteca Concepción Arenal
(Campus Sur) e outro na facultade de Filoloxía
(Campus Norte).
Animamos a todos a que se acerquen aos nosos posto
para apoiar a campaña que quere garantir o dereito a
vivirmos na nosa lingua. Para máis información sobre
esta ILP:
http://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/iniciativa-lexislativa-popular-de-medidas-para-garantia-dos-dereitos-linguisticos-no-ambito-socioeconomico
A Mesa pola Normalización Lingüística
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript