Número 349 - 20 de marzo de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

Asembleas. Conclusións

Decidimos a convocatoria de asembleas porque o momento polo que atravesan as relacións do equipo de goberno co colectivo así o require. Na última reunión da Xunta de Persoal e diante da gravidade da situación decidiuse dar, á Xerencia, un prazo de 15 días para que realizase a convocatoria do concurso de traslados segundo o acordado, é dicir, coas bases do concurso realizado no ano 2014 e no que se contemplasen todas as vacantes. Pois ben, o prazo está a piques de rematar sen que a condición que se lle puxo á Xerencia se cumpra, é obrigatorio que nos preparemos e que activemos a resposta que a ruptura dos acordos merece.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

SENTENZAS

    Este 14 de marzo erguémonos coa noticia publicada pola prensa de que o Tribunal Supremo, nun ataque sen precedentes ao dereito de folga, autoriza o esquirolaxe, autorizando a subcontratación de traballadores e traballadoras que estean exercendo o seu dereito á folga. Refírese directamente a que os clientes de empresas cun conflito laboral que desemboque nunha folga poidan subcontratar os servizos a terceiros para continuar a súa actividade.

 ALTERNATIVAS NA XUSTIZA - CUT
    Alternativas na Xustiza - CUT destaca que a reforma proposta por Xustiza só garante unha oficina para toda Galicia. A central Alternativas na Xustiza-CUT advirte de que o novo texto presentado polo Ministerio de Xustiza para a reforma do Rexistro Civil contén unha "privatización encuberta". Considera que se "desmantela practicamente na súa totalidade" este servizo público ao desposuílo das súas competencias "outorgándoo a mans privadas" e alerta de que só se garante unha oficina para toda a comunidade, no canto das 317 existentes.
 SANIDADE PÚBLICA. LISTAS DE ESPERA
    A xestión das listas de espera non debe fomentar un sistema público para os pobres e outro mixto, público-privado, para os que poden pagalo e elixir un ou outro en función do tipo de asistencia.
 CUT PENSIÓNS
    A primeira na fronte: un plan de pensións non é unha pensión. O nome “pensión” puxérono aí con calzador simplemente para vender a moto, é dicir para que os traballadores/as pensen que subscribindo un plan de pensións terán outra pensión de xubilación pero polo privado.
 ADEGA
    Co anteproxecto de lei do Patrimonio Natural de Galiza a Xunta pretende adulterar e rebaixar as obrigas de conservación. Consolida unha protección discrecional submetida ao urbanismo e co pouco disimulado obxectivo de privatizar o ambiente.
 ENSINO PÚBLICO
    España é o cuarto país de Europa onde menos escola pública hai en Secundaria e o terceiro en Primaria. En concreto, un 69% dos alumnos españois de Secundaria acoden a centros públicos (68% en Primaria), unha porcentaxe que en todo o continente só baten Bélxica, Reino Unido e Malta, segundo datos de Eurostat (os de Holanda están en revisión). No outro extremo, países como Irlanda, Romanía, Croacia, Alemaña ou Finlandia superan o 90% dos seus alumnos en centros públicos.
 SANIDADE
    A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que dirixe Jesús Vázquez Almuiña, suspendeu con só tres meses de suspensión de emprego e soldo a tres médicos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) acusados de derivar pacientes da sanidade pública afectados de cancro de pulmón para operalos en clínicas de pago e cobrarlles pola intervención.
 ACTIVISMO
    Vinte persoas acabaron este martes na comisaría de Hortaleza (Madrid) para ser identificados pola Policía, despois de que os axentes lles esixísen o seu DNI durante un acto de protesta. Ás 11 da mañá, un grupo de activistas da campaña “Desarma Madrid” bloqueou por uns instantes a entrada principal do recinto feiral de IFEMA en Madrid para protestar pola celebración do Salón Internacional de Tecnoloxías de Seguridade e Defensa (Homsec 2017).
• OPINIÓN - Jesús Cintora

    A polémica sobre os 20.000 euros que nos custa o cadro de Wert ben dá para un retrato desta España nosa. É pintoresco como malgastamos nalgunhas partidas e noutras recortamos sen poñernos colorados. Adoita ser cuestión de quen ten a chave da caixa. Aquí, teñen dereito a que lles paguemos os seus retratos para a posteridade ata os altos cargos de máis infausto recordo, para satisfacción do seu ego e esquilme dos nosos petos.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    Infórmasenos desde a Secretaría Xeral que o vindeiro día 29 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. A estas alturas aínda non temos nin orde do día nin documentación. De tódolos xeitos será un bo momento para que se leven a efecto as decisións que se tomen na Xunta de Persoal e para denunciar os incumprimentos e o xogo sucio do equipo de goberno como para reivindicar o cumprimento da sentenza das comisións de servizos prorrogadas e que se leve a efecto, nos termos acordados, o concurso e promocións e a modificación da RPT para que recolla o Grupo B.

 XUNTA DE GALIZA. MOBILIZACION DO PERSOAL PRECARIO
    Colectivos de diversos sectores que traballan nos servizos públicos para a administración da Xunta uníronse esta mañá en Compostela contra dos excesos da administración explotadora e privatizadora.
 ALTERNATIVAS NA XUSTIZA - CUT
    No xulgado de violencia de xénero da Coruña case nada se pode deixar para mañá. A gran maioría dos procedementos son xuízos rápidos, ata seis chegaron a despachar nun só día, e os seus dez traballadores, que non recibiron nin un só reforzo desde 2007, soportan frenéticas xornadas que se poden prolongar mesmo dez horas durante varios días seguidos. Un ritmo impredicible e desquiciante para tomar decisións tan sensibles como unha orde de afastamento e que as estatísticas non son capaces de reflectir.
 CUT MOBILIZACIÓNS
    As delegadas e delegados dos catro sindicatos que en Pescanova secundan as mobilizacións (CUT, UGT, USO e CIG) deron a coñecer, en rolda de prensa, o acordo de mobilizacións para os vindeiros días, asi pois o vindeiro “sábado día 18 volverán estar os piquetes na entrada de PESCANOVA” para evitar que a empresa recupere a xornada de folga mediante quendas de traballo abusivas.
 CONSUMO
    FACUA-Consumidores en Acción denunciou a oito compañías enerxéticas por saltarse a lexislación ao xestionar os seus servizos de atención ao cliente con liñas 902 ou con numeracións xeográficas que implican un custo para os usuarios. Tres compañías unicamente dispoñen de numeracións de pago, unha só atende desde unha liña gratuíta aos usuarios que xa son clientes, outra non atende os avisos de avarías desde a súa liña 900 e outro tres facilitan tanto teléfonos de pago como gratuítos, pero non destacan estes nas súas webs.
 CORRUPCIÓN
    Dos 250.000 aforados, un auténtico exército, 232.000 son membros da Forzas e Corpos de Seguridade do Estado ou das Autonomías. Cinco deles pertencen á familia real, entre os que se atopa tamén o emérito rei Juan Carlos I, que de acordo coa Constitución do 78, cometa o delito que cometa, é inxuzgable. Nada diso cambiará esencialmente, segundo o noso colaborador Máximo Relti
 GESTHA
    Os técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) denuncian que o director da Axencia Tributaria do Estado (AEAT), Santiago Menéndez, omitiu algunha "información relevante" dos resultados da loita contra a fraude en 2016 presentados o martes pasado, e cifran nun 84,3% a evasión fiscal non detectada no pasado exercicio.
 ROKAMBOL
    “Farían falta oitocentos novos xulgados, cincuenta toneladas máis de vergoña institucional e outro dez mil xuíces para que o Partido Popular empezase a preocuparse lixeiramente pola acción da Xustiza”, segundo afirman desde a directiva do Partido Popular. “E aínda así, hai que ter en conta que a metade deses novos maxistrados serían do Opus, ou polo menos seríano as súas esposas”, puntualizou o propio presidente
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    As sinaturas serán para apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. A ILP pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais, xa que a súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua coofiacial en Galiza, provoca continuamente situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      POR NECESIDADE

       
        OS ÚLTIMOS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          CALENDARIO LABORAL 2017
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript