NÚMERO 349 - 20/03/2017
CUTUDC / Novidades
Colectivos de diversos sectores que traballan nos servizos públicos para a administración da Xunta uníronse esta mañá en Compostela contra dos excesos da administración explotadora e privatizadora.
A marcha xuntou a persoal
da sanidade, da loita contra incendios, das
bibliotecas públicas, dos servizos postais, da
atención xeriátrica, da educación ou dos medios
públicos de comunicación que estiveron acompañados
de colectivos cidadáns, como a Coordinadora
Antiprivatización da Sanidade Pública ou a
Plataforma Galega de afectados pola hepatite C. Máis
de mil persoas xuntáronse nun gran acto apoiado pola
CUT prol dun emprego digno que lle garanta á
cidadanía a prestación duns servizos públicos,
universais e de calidade.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript