Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 349 - 20/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Asembleas. Conclusións

Decidimos a convocatoria de asembleas porque o momento polo que atravesan as relacións do equipo de goberno co colectivo así o require. Na última reunión da Xunta de Persoal e diante da gravidade da situación decidiuse dar, á Xerencia, un prazo de 15 días para que realizase a convocatoria do concurso de traslados segundo o acordado, é dicir, coas bases do concurso realizado no ano 2014 e no que se contemplasen todas as vacantes. Pois ben, o prazo está a piques de rematar sen que a condición que se lle puxo á Xerencia se cumpra, é obrigatorio que nos preparemos e que activemos a resposta que a ruptura dos acordos merece.

     

  • Noticias relacionadas

 

Convocamos asembleas para transmitir todo o que acontece e que somos incapaces de reflectir nos escritos, reflexionar, debater e buscar alternativas son a síntese do que pretendiamos coas convocatorias.
 
Pensamos que se cumpriu o obxectivo, e que é a hora de actuar. O primeiro que corresponde é que se reúna a Xunta de Persoal e se decidan as accións a levar a efecto, nesa reunión, despois das asembleas realizadas, temos clara cal vai ser a nosa proposta, NON NOS QUEDA OUTRA QUE MOBILIZARNOS. Non porque queiramos demostrar a forza do colectivo, senón porque non nos deixan outra opción.
 
Seguiremos informando.
 
TEMAS ABORDADOS NAS ASEMBLEAS
 
Concurso de traslados
 
Promocións
 
Comisións de servizo
 
Mellora de emprego
 
Medidas de acción social
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript