Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 349 - 20/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  ACTIVISMO
 

Unha protesta acaba con 20 activistas en comisaría

Vinte persoas acabaron este martes na comisaría de Hortaleza (Madrid) para ser identificados pola Policía, despois de que os axentes lles esixísen o seu DNI durante un acto de protesta. Ás 11 da mañá, un grupo de activistas da campaña “Desarma Madrid” bloqueou por uns instantes a entrada principal do recinto feiral de IFEMA en Madrid para protestar pola celebración do Salón Internacional de Tecnoloxías de Seguridade e Defensa (Homsec 2017).

     

  • Noticias relacionadas

 

Tras despregar unha pancarta co lema “Desarma Madrid” e envorcar pinturas de cores sobre os seus corpos, a Policía procedeu á súa identificación. Quen carecía de documento de identidade, foron trasladados a dependencias policiais.
 
O colectivo antimilitarista responsable da protesta lembra que en Homsec  “comercialízanse armas que posteriormente son utilizadas contra os territorios ocupados en Palestina e contra poboación civil”.
 
Desarma Madrid tamén recalca que o promotor deste salón internacional, no que participan empresas como TASER, MBDA ou Navantia, “é o Grupo Atenea–Seguridade Nacional, armazón empresarial fomentado por personaxes vinculados co intento de golpe de estado de febreiro de 1981 e coñecidos pola súa vinculación aos ideais da extrema dereita”.
 
Máis de 15.000 visitantes procedentes de 40 países e 195 expositores participarán nunha feira da que se desvinculou o Concello de Madrid. Hai varios meses, o goberno municipal esixiu aos organizadores a retirada do logotipo do consistorio que aparecía no folleto do evento xa que “non existe apoio” da institución ao certame.
 
O martes, ás 19.00 horas, celebrouse unha concentración na Porta do Sol para esixir que non se volva a celebrar esta feira e que se poña en liberdade ás persoas detidas.
 
La Marea
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript