NÚMERO 349 - 20/03/2017
CUTUDC / Novidades
“Farían falta oitocentos novos xulgados, cincuenta toneladas máis de vergoña institucional e outro dez mil xuíces para que o Partido Popular empezase a preocuparse lixeiramente pola acción da Xustiza”, segundo afirman desde a directiva do Partido Popular. “E aínda así, hai que ter en conta que a metade deses novos maxistrados serían do Opus, ou polo menos seríano as súas esposas”, puntualizou o propio presidente
Mariano Rajoy quixo así
tranquilizar á Banca, á Igrexa e ao empresariado en
xeral, desde as grandes mafias eléctricas ás
medianas e pequenas empresas corruptoras ou os
simples comisionistas de provincias. “Quen diga que
nun prazo de vinte anos estaremos limpos está
absolutamente equivocado e non ten nin idea do que
significa España nin sabe por que somos unha unidade
de destino no universal”, recalcou o presidente aos
xornalistas que lle lembraban os numerosos procesos
xudiciais que se abren cada día contra o partido no
Goberno.
Segundo explican desde Xénova, o Partido Popular
conta cun protocolo de seguridade moi sofisticado,
“e moi informático”, para evitar que a súa
porcentaxe de lerchas se sitúe por baixo dun nivel
establecido. Ao parecer, cada vez que un membro do
partido é imputado proxéctase un sinal infravermello
sobre o ceo de todas as poboacións españolas onde o
PP mantén postos nas diferentes institucións.
Inmediatamente os dirixentes que a viron póñense a
delinquir no primeiro asunto que se lles pon a man,
segundo palabras dos responsables do sistema. “Non é
unha batsinal pero é de moito nabo”, aseguran.
Máis
en Rokambol
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript