NÚMERO 349 - 20/03/2017
CUTUDC / Novidades
No DOG do martes día 14 de marzo publícase a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2017 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia
Poderán participar nas
accións formativas convocadas nesta resolución o
persoal de administración e servizos (PAS) das
universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que
se encontran en situación de servizo activo, permiso
por maternidade, adopción ou acollemento ou
excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e
que reúnan os requisitos establecidos na presente
convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez
días naturais contados a partir do seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de
Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades
formativas só poderán realizarse mediante o
formulario de matrícula telemática dispoñible no
enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula>
desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de
presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da
data de finalización. As solicitudes entenderanse
presentadas unha vez que se complete correctamente o
proceso de matriculación.
Descargar PDF
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript