NÚMERO 348 - 13/03/2017
CUTUDC / Novidades
A CNMC castiga por primeira vez a empresas como Endesa e Iberdrola por cambiar o recibo da luz e o gas sen o consentimento previo dos seus clientes.
As prácticas abusivas das grandes eléctricas levan
anos baixo sospeita. Pero nos últimos tempos ás
denuncias de asociacións de consumidores e opinión
pública uníronse as de organismos públicos. A
Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)
dá agora un paso máis ao sancionar economicamente
aos principais grupos do sector por cambiar o recibo
da luz e o gas aos seus clientes sen o consentimento
previo destes.
Aínda que o importe das sancións é baixo, esta
decisión abre a porta a que o organismo presidido
por José María Marín Quemada actúe a
partir de agora directamente contra o abuso fronte
ao consumidor. As sancións anunciadas este xoves
implican a Endesa (100.000 euros), Iberdrola (30.000), Gas
Natural (10.000) e Viesgo (10.000
Segundo explican desde a CNMC, a orixe desta multa
provén de sete denuncias de usuarios que chegaron
directamente ao regulador a través das oficinas que
os concellos habilitan para as queixas do
consumidor. Nelas os clientes afectados advertían
que sufriran un cambio na empresa comercializadora
do seu contrato de luz ou gas sen aviso previo.
Aínda que si é a primeira sanción económica por este
tipo de prácticas, a CNMC leva varios anos
recomendando ás grandes eléctricas españolas que
eviten, por exemplo, a captación de clientes
mediante canles de venda domiciliaria ou por vía
telefónica, sobre todo nos casos de persoas maiores
e vulnerables. Nunha guía publicada en 2015 o
regulador pide ás compañías que se identifiquen
dunha maneira clara ante o consumidor e que eviten
mensaxes confusas.
A decisión da CNMC chega tras varios meses
especialmente convulsos para o sector. A pesar das
duras críticas recibidas pola
subida do recibo de xaneiro, as eléctricas non
mantiveron un perfil precisamente baixo. Entre
outros movementos, en febreiro decidiron levar
ao Tribunal Supremo o decreto que modifica a
metodoloxía do cálculo dos prezos para o pequeno
consumidor e o seu réxime de contratación.
Economía Digital
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript