Número 348 - 13 de febreiro de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

Comisións de servizos. Sentenza

A nosa intención foi, é e será sempre buscar a máxima unidade de acción na Xunta de Persoal. De tódolos xeitos, se isto non é posible, non renunciamos á nosa autonomía para levar a efecto as accións que consideremos oportuno realizar. Cando, hai máis dun ano nos vimos na obriga de interpoñer, en solitario, o recurso contra as prórrogas das comisións de servizo do persoal funcionarizado, sabiamos que non cabía outro fallo que o que reflicte a sentenza que vos xuntamos. Non obstante eramos conscientes de que o xeito de obrigar á Xerencia e reitor a cumprir a legalidade era proceder desta maneira, aínda que tivésemos que pagar nós mesm@s o recurso.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

XUNTA DE GALIZA - SERGAS

    Despois da reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuína que os sindicatos do sector cualificaron como frustrante, decidiron iniciar un proceso de mobilizacións encamiñadas a recuperar todo o roubado.

 RADON
    A UE obriga ao Goberno para eliminar o radon en vivendas e lugares de traballo tras 30 anos de alertas científicas ignoradas.
 ESTADO
    Segundo informacións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a oferta de emprego público para este ano contemplará unha taxa de reposición superior ao cento por cento das xubilacións que se produzan nos sectores da Educación, a Sanidade e a Xustiza.
 MANIFESTO 8M: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
    Saimos á rúa unha vez máis para conmemorar o día 8 de marzo día internacional das mulleres. Esta data é unha conquista colectiva do movemento feminismo ao longo dos anos, e como tal, un momento importante da axenda política pola defensa dos dereitos das mulleres. Para a Marcha Mundial das Mulleres é ademáis, unha data ligada á loita contra un sistema sociopolítico depredador no que resulta imposíbel construír vidas dignas de tal nome. Nós e as nosas irmás facemos deste día, unha xornada de reivindicación e loita contra a violencia e o machismo, máis tamén contra o capitalismo: alianza imprescindíbel do patriarcado contra a vida das mulleres.
 CONTRA A PRECARIEDADE
    A CUT súmase á “MARCHA DO PERSOAL PRECARIO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA” que se realizará o vindeiro día 16, ás 10 horas no Parlamento en Santiago de Compostela, en defensa dos postos de traballo e na defensa dunhos servizos públicos de calidade.
 AUTOBOMBO
    O Goberno de Feijóo leva programados case 13 millóns de euros no que vai de 2017 destinados, principalmente, aos medios de comunicación tradicionais do país. Turismo de Galicia distribuirá case a metade deses cartos. A Xunta de Galicia segue aumentando os orzamentos destinados á propaganda e xa suma máis de 12,8 millóns de euros en campañas publicitarias que realizará nos vindeiros meses. Un diñeiro que servirá para aumentar as contas dos grandes grupos mediáticos de Galicia.
 LEI MORDAZA
    Segundo informou esta semana o dixital HoraJaén, trece mozos de Xaén foron multados pola policía local por permanecer “congregados” na rúa, mentres comían pipas.
 LOITA ESTUDANTIL
    Sentímonos completamente desprotexidas nos espazos da Universidade Complutense, a pesar de que se aprobou un Protocolo en contra do acoso, supostamente garantido por un órgano que nin nos abriu a porta.
 INTELIXENCIA ARTIFICIAL
    A IA e outras innovacións beneficiarán á maioría só se se agudiza a loita de clases e cámbiase a estrutura de bancos, fábricas e institucións sociais.
• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Confésoo: eu, Isaac Rosa, paguei comisións ilegais. En negro, ás veces en metálico, outras enmascaradas como doazóns ou con factura falsa. En sobres e en contas suízas. Contribuín xenerosamente ao financiamento ilegal dun importante partido. E podo sinalar a amigos cataláns que pagaron mordidas para financiar a outro partido. Digo máis, non só paguei comisións: tamén viaxes, vacacións, comidas, agasallos, festas. Ata "volquetes de putas". Confésoo, fun eu.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    Na APA consideramos imprescindible a convocatoria de asembleas para transmitirvos a situación pola que atravesan as relacións entre a institución e o colectivo e debater sobre os múltiples temas que estamos a abordar coa Xerencia.

 UVIGO - PAS FUNCIONARIO
    Os compañeiros e compañeiras da Universidade de Vigo veñen de presentar Recurso de Reposición contra a “Resolución Reitoral do 17 de xaneiro de 2017 (corrección de erros publicada o 1 de febreiro) , nº de rexistro de saída 2001700000976 do 18/01/17, pola que se procede á execución da Relación de Postos de Traballo do Persoal Funcionario de Administración e Servizos da Universidade de Vigo”.
 10M. DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA
    “Erguéstevos cedo aquel día, o costume do traballo, mañá cediño pra facernos ca vosa morte“. Con esa dureza relatou Uxío Novoneyra a mañá na que a Amador Rey e a Daniel Niebla os apañou a morte na difícil cidade naval de Ferrol. En 1972, hai 45 anos, a clase obreira reorganizábase da masacre temperá dunha ditadura que non quixo perdoar. Liberábase unha batalla con contundencia nas rúas de Galiza pola democracia, pero non por unha democracia de palla.
 FEMINISMO
    O día 5 de marzo convocadas de xeito unitario baixo o lema “Feminismo para avanzar: xuntas nunha mesma loita” unha importante manifestación percorreu as rúas de Compostela. Perante o percorrido a policía, apoiada por persoas do servizo de orde, rodeou un grupo de mulleres que levaban caretas intentando separalas do resto das manifestantes, despois duns momentos de tensión no que un grupo amplo de participantes apoiaron ás mulleres rodeadas pola policía a manifestación continuou sen máis incidentes. Reproducimos un comunicado de varios colectivos sobre o sucedido na manifestación.
 COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
    Dende hai moito tempo asistimos a colapsos nas urxencias debido aos recortes de medios e persoal, co resultado de que moitos pacientes teñen que permanecer nos corredores dos hospitais á espera de ser atendidos, cando sabemos que hai plantas baleiras neses mesmos centros e unha boa parte do persoal traballa con contratos indignos.
 ADEGA
    As limitacións á forestación das terras agrarias, especialmente con eucalipto, presentes na Lei 7/2012 de Montes baten coa "doutrina" da Dir. Xeral de Montes que considera de xeito sistemático aos pasteiros como terreo forestal.
 OLIGOPOLIO ELÉCTRICO
    A CNMC castiga por primeira vez a empresas como Endesa e Iberdrola por cambiar o recibo da luz e o gas sen o consentimento previo dos seus clientes.
 O ADOUTRINAMENTO DO PP
    Neste mundo que se desfai en desigualdades e crueldade, os seus xestores deron un salto cualitativo de envergadura: instruír aos nenos nas presuntas bondades do neoliberalismo. No “seu sálvese quen poida” que tantos beneficios produce a uns poucos. E tanto dano a moitos máis. Basta ler os postulados da nova materia. Ao final, pagaremos impostos só para sustentar políticos e forzas de seguridade.
 LINGUA - TERESA BARRO
    Logo da morte de Franco, cando se instaurou o réxime autonómico, o feito de que a Galiza tivese ¨língua propria¨ foi fundamental para que conseguise o estatus de autonomía. Daquela eran Cataluña, o País Basco e Galiza os que podían afirmar que tiñan outra língua viva amais do castelán, aínda que a forza desa vida fose distinta nos tres países. Só na Cataluña o catalán era máis forte que o castelán.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        A AUSTERIDADE

         
          NO SERGAS

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            CALENDARIO LABORAL 2017
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript