Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 348 - 13/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  LOITA ESTUDANTIL
 

Madrid: Comunicado de estudantes pechadxs na Reitoría da Universidade Complutense

Sentímonos completamente desprotexidas nos espazos da Universidade Complutense, a pesar de que se aprobou un Protocolo en contra do acoso, supostamente garantido por un órgano que nin nos abriu a porta.

     

  • Noticias relacionadas

 

Ante os continuos ataques á educación universitaria (LEMES, Reestruturación, tasazo xenófobo ás estudantes extracomunitarias, deterioración dos servizos da universidade, destrución ás conquistas feministas nos estudos de posgrao, aumento de precarización dos postos da estabilidade de persoal docente, perda da autonomía da universidade pola intrusión de empresas privadas…), o mércores 8 de marzo encerráronse no reitorado da UCM 15 compañeiras, mentres outras quedaron apoiando desde a porta de Reitorado, con intención de que o reitor responda as demandas das estudantes.
 
Con todo, aínda comprometéndose o reitor para reunirse connosco o xoves 9 de marzo á 13:00, como sucede habitualmente ao tratar de mediar con postos institucionais destas características, máis políticos que educativos, adoptando actitudes autoritarias e menosprezando ao verdadeiro corpo da universidade, as estudantes; o reitor cancelou o encontro co estudantado e, tras varias horas insistindo en reunirnos sen obter resposta, trasladouno ao luns.
 
Somos moitas as que estamos acampadas na Reitoría, e aprazando a data establecida queda ao descuberto que a intención do reitor é que minemos as forzas. Por este motivo, seguimos fronte á porta da Reitoría, esixindo reunirnos co reitor, Carlos Andradas, de maneira inmediata, xa que é unha situación de emerxencia.
 
Ademais, queremos denunciar o trato vexatorio que exerceu no reitorado o equipo de seguridade privada (Sasegur) cara ás compañeiras que estiveron dentro. En primeiro lugar, denunciamos a violación dos dereitos básicos do ser humano ao non permitir a entrada de comida nin auga; a anulación da privacidade ao ter que ir acompañadas ao baño por un membro de seguridade home; e o peche con chave de todas as portas do edificio, incluso as saídas de emerxencia. En segundo lugar, o acoso sufrido por unha compañeira por parte dun dos vixiantes, atacándoa e humillándoa con actitude machista, con frases textuais tales como “Non me meto contigo porque es unha tía. Se foses un mozo, isto acabaría doutra maneira” ou “Tes algunha enfermidade mental”. Ademais disto, ao impedirlles o acceso á cafetería, foi agredida sexualmente a mesma compañeira por outro vixiante. Ao ir denunciar o ocorrido á Unidade de Igualdade da UCM, as compañeiras foron rexeitadas polo persoal, impedíndolles comunicar os acontecementos.
 
Sentímonos completamente desprotexidas nos espazos da Universidade Complutense, a pesar de que se aprobou un Protocolo en contra do acoso, supostamente garantido por un órgano que nin nos abriu a porta.
 
 Consideramos que ao longo dos dous últimos anos, o movemento estudantil viuse claramente minguado tanto pola manipulación mediática como polos continuos ataques e o escurantismo que caracterizou o mandato de Carlos Andradas desde o seu inicio, da man de Cristina Cifuentes, creando unha universidade nin pública, nin gratuíta, nin para todas. Por iso, facemos un chamamento o venres 10 de marzo ás 12:00 h na Reitoría da UCM a todas as estudantes e a aquelas persoas que apoien a loita estudantil; unamos as nosas forzas, que se oian as nosas voces. A universidade é nosa, as decisións son de todas.
 
Kaos en la red

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript