Marzo de 2017
 
 

NÚMERO 348 - 13/03/2017

   CUTUDC / Novidades

  COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
 

Denuncia ás Xerencias do C.H.U.A.C. e do C.H.U.S. ante a Fiscalía

Dende hai moito tempo asistimos a colapsos nas urxencias debido aos recortes de medios e persoal, co resultado de que moitos pacientes teñen que permanecer nos corredores dos hospitais á espera de ser atendidos, cando sabemos que hai plantas baleiras neses mesmos centros e unha boa parte do persoal traballa con contratos indignos.

     

  • Noticias relacionadas

 

Estes feitos violan as propias recomendacións aprobadas pola Comisión Central de Seguridade e Saúde do SERGAS, e tamén o redactado da lei 31/1995 de Prevención de Riscos laborais no referente á seguridade das traballadoras.
 
Este comportamento é reiterado por parte do SERGAS pese a existir denuncias previas doutras organizacións. Calquera de nós ten que cumplir coa lei, e moito mais cando se trata dunha administración que ten que dar exemplo ante a cidadanía.  Esiximos que se trate con dignidade aos pacientes, e se cumpla coa normativa de prevención de riscos laborais polo ben de todas e todos. Ningún paciente pode permanecer en ningún corredor de ningunha instalación sanitaria. Hai camas dispoñibles e persoal para ser contratado en condicións dignas.
 
Noticias relacionadas: Falecemento, precisamente, dunha muller no corredor de urxencias do Hosptial Clínico
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript